Compostela Aberta pide a mediación do Concello para que o bus escolar chegue ao núcleo de Frensa, en Santa Cristina de Fecha

Dous nenos de 5 e 11 anos terían que camiñar máis dun quilómetro por un viario sen beirarrúas nin iluminación porque a concesionaria se nega a modificar o seu itinerario

  • María Rozas lembra que “fixar poboación no rural de Santiago pasa por ofrecer servizos, e neste caso estamos diante dunha cuestión de vontade e non de orzamento” 

A portavoz municipal de Compostela Aberta pediulle hoxe ao Goberno local que medie para que a empresa concesionaria do transporte escolar atenda as demandas das familias de Santa Cristina de Fecha, que levan meses reclamando un cambio de itinerario para habilitar unha parada no núcleo de Frensa”. María Rozas, que vén de manter unha xuntanza coa veciñanza da parroquia, explicou que “unha pequena modificación que para o autobús non suporía máis que engadir uns minutos ao seu percorrido evitaría que dous nenos do núcleo de Frensa teñan que camiñar case un quilómetro e medio por un viario claramente inseguro, porque nin tén beirarrúas nin iluminación”. Para a portavoz de CA, “estamos diante dun caso que se resolvería cun mínimo de vontade, en primeiro termo da concesionaria, e en segundo da administración autonómica, que é quen tén as competencias en materia de transporte escolar”.

Na reunión celebrada en Santa Cristina de Fecha, a veciñanza mostrou o seu malestar pola situación que viven dous nenos, e 5 e 11 anos, escolarizados por cuestión de proximidade no CEIP Plurilingüe Xacinto Amigo Lera, de Val do Dubra. Os menores viven no lugar de Frensa, pero a parada do bus escolar máis cercana que lle ofrecen a Xunta e a concesionaria é a do lugar de Belén. Isto obrigaríaos a camiñar case un quilómetro e medio, “por un viario que non tén nin beirarrúas nin iluminación, e nas condicións metereolóxicas que adoitan acompañar o curso escolar en Galicia”. Por este motivo, a familia non tén máis remedio que trasladar polos seus propios medios aos nenos ao centro escolar “coas dificultades que iso supón en termos de conciliación, habida conta de que os horarios escolares son incompatibles cos de moitos traballos” A portavoz de Compostela Aberta lamentou “a actitude que vén mostrando a empresa concesionaria diante das reclamacións das familias,  que lembran que a día de hoxe non hai crianzas escolarizadas que utilicen a parada de Belén, mentres sí hai demanda para unha pequena modificación do itinerario que para a empresa non suporía nin grandes custos económicos nin unha importante alteración dos horarios das rutas”. Para María Rozas, “esta é unha mostra máis do modus operandi da concesionaria do transporte escolar, da que as familias levan dando queixas durante todo o que levamos de curso en diferentes centros da comarca de Santiago, sen que haxa ningunha reacción por parte da Xunta de Galicia”.

A portavoz de CA pediulle ao Goberno local que atenda a situación destas familias de Santa Cristina de Fecha e exerza presión sobre a empresa e sobre a administración autonómica, “porque esta sería tamén unha mostra de compromiso coa veciñanza das parroquias de Santiago que vimos de asumir todos os grupos da Corporación coa sinatura do Pacto polo Rural”. Para María Rozas, “é evidente que a falta de servizos é un dos motivos polos que as parroquias se baleiran de habitantes, e ainda que hai cuestións que son enormemente custosas para as administracións, outras coma esta terían unha solución rápida se existira vontade real das administraicóns públicas”.

Novas
relacionadas

Compostela Aberta e BNG reclámanlle á Xunta que actúe de maneira urxente na recuperación ambiental da canteira de Miramontes

Os dous grupos do Goberno levarán ao próximo Pleno unha moción conxunta para que a Corporación apoie as reivindicacións da Plataforma de Afectadas pola Canteira de Miramontes e FERUSA tras a sentenza que confirma un delito contra o medio ambiente no complexo da Grixoa

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo