Compostela Aberta pide a posta en marcha dun Plan Municipal de Saúde Mental

Marta Lois propón un programa de prevención dirixido a escolares “para atender á preocupación crecente nos propios centros educativos”
  • A concelleira de CA advirte do incremento das patoloxías relacionadas coa saúde mental “despois da pandemia da Covid-19 e da actual situación de crise económica”

Compostela Aberta pídelle ao Goberno local que impulse un Plan específico de Saúde Mental, a través do Consello Municipal de Saúde, que vaia acompañado ademais dun programa específico de prevención e sensibilización sobre a enfermidade mental nos centros educativos. A concelleira Marta Lois explicou que nos últimos anos “a pandemia da Covid-19 e a posterior crise económica están derivando nun incremento de patoloxías como a depresión e a ansiedade, e mesmo das condutas disrutivas contra a propia saúde como as tentativas do suicidio ou o abandono dos autocoidados”. Neste escenario, sinalou Lois, “a administración local, a máis próxima ao cidadán, non pode ser allea á situación senón que debe adoptar todas as medidas preventivas e de atención que lle sexan posibles no marco da súas competencias”.

Marta Lois explicou que “é evidente a repercusión que tivo a pandemia da Covid-19 na saúde mental da poboación, por mor das restricións no contacto físico, o illamento social, ou a convivencia coa morte; pero tamén por cuestións máis vinculadas cos factores económicos e coa crise”. Neste contexto, 2021 foi o ano con máis mortes por suicidio en Galicia desde 2016, un total de 331 das que 107 foron mulleres.  Ademais, en Galicia hai máis de 64.000 persoas con certificado de discapacidade por enfermidade mental, das que o 57,2% son mulleres.

Falta de recursos

Malia estes alarmantes datos, incidiu a concelleira de Compostela Aberta, “os recursos públicos na atención á saúde mental continúan sendo insuficientes” Por iso, na moción que CA levará ao Pleno tamén se insta á Xunta a reforzar a atención á saúde mental na Sanidade Pública, aumentando o número de especialistas en Psicoloxía Clínica, tanto nas unidades hospitalarias coma na Atención Primaria; e a reforzar o servizo de saúde mental infantil e xuvenil en Santiago. E é que, sinalou Marta Lois, “tal e como veñen denunciando a Asociación de Psicoloxía Clínica do Sergas ou o Movemento Galego de Saúde Mental, existe unha gran sobrecarga nestas unidades con longas listas de agarda de ata 6 meses que son incompatibles cunha correcta atención das patoloxías relacionadas coa saúde mental”.

Consello Municipal de Saúde

No que tén que ver coas competencias locais, Marta Lois incidiu en que o Consello Municipal de Saúde, que traballa na realización do Plan Municipal de Saúde, “debe impulsar un Plan Municipal específico sobre Saúde Mental, que aborde cuestións como a posta en marcha dun programa específico de prevención e sensibilización nos centros educativos, atendendo a unha demanda que chega desde os propios consellos escolares”.

Para a concelleira de Compostela Aberta, “o Concello de Santiago debe traballar fronte á desinformación sobre a saúde mental, porque esa desinformación tradúcese en discriminación, rexeitamento e estigmatización das persoas que sofren estas patoloxías, das que ninguén de nós está libre ao longo da nosa vida”.

PODES CONSULTAR AQUÍ A MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA DESENVOLVER UN PLAN MUNICIPAL DE SAÚDE MENTAL E UN PROGRAMA ESPECÍFICO DE PREVENCIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOBRE A ENFERMIDADE MENTAL NOS CENTROS EDUCATIVOS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Novas
relacionadas

O Pleno de Santiago debaterá unha moción conxunta de CA e BNG para rexeitar o proxecto de Altri

Os dous grupos do Goberno solicítanlle á Xunta que emita un informe negativo a ese proxecto industrial contaminante pola súa afectación ambiental, patrimonial e económica

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo