Compostela Aberta pide a rehabilitación do “verderón”e o inicio dos trámites para a súa declaración como BIC

Marta Lois visitou o vagón para recoller as demandas da Asociación Compostelá de Amigos do Ferrocarril

Compostela Aberta pedirá no Pleno que o Concello colabore coa Asociación Compostelá de Amigos do Ferrocarril para instar a ADIF e á Fundación dos Ferrocarrís Españois para a rehabilitación, conservación e mantemento do vagón popularmente coñecido como “verderón” e da locomotora que están instalados nas proximidades da estación. A portavoz municipal, Marta Lois, lamentou as declaracións realizadas recentemente polo alcalde, “que mostrou a súa absoluta falta de sensibilidade ao afirmar que eses elementos non pintan nada nas inmediacións da intermodal”.

A portavoz municipal de Compostela Aberta vén de realizar unha visita ao “verderón”, acompañada polo presidente da Asociación Compostelá de Amigos do Ferrocarril, Carlos Abellán. Marta Lois expresou o apoio de CA ao labor da asociación, e á recuperación do “verderón” e da locomotora ALCO 1808. Para a concelleira, “é incomprensible que Bugallo rexeite a permanencia destes elementos históricos na explanada da estación, en lugar de buscar solucións para o seu acondicionamento e conservación; e é aínda máis preocupante que cando se foron coñecemendo as reaccións de malesatr diante das súas palabras, non se autoemende senón que se ratifique demostrando a súa falta de sensibilidade”.

Marta Lois explicou que Compostela Aberta levará ao Pleno un rogo no que, ademais de pedir a rehabilitación da locomotora e do vagón, lle pide ao Goberno que inste ao ADIF e á Fundación dos Ferrocarrís Españois para que os dous elementos sexan catalogados e protexidos como BIC de Patrimonio Industrial Ferroviario.  O chamado “verderón”, data de primeiros do século XX, e foi rehabilitado en 1985, durante o primeiro goberno de Xerardo Estévez, grazas a un obradoiro de emprego. A locomotora, unha ALCO 1808 foi adquirida en 1958 por Renfe para poñer en marcha a liña Santiago-Ourense, e antes fora das primeiras en chegar a Galicia para trasladar mineral desde Ponferrada. Incorporouse ao conxunto da explanada da estación en 2006, sendo alcalde Bugallo.

PODES LER AQUÍ O ROGO DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA QUE O CONCELLO COLABORE NA RESTAURACIÓN E CONSERVACIÓN DA ANTIGA LOCOMOTORA E VAGÓN

Novas
relacionadas

Yolanda Díaz arroupa a Compostela Aberta no día grande da Ascensión

A vicepresidenta pediu o apoio para María Rozas nas eleccións do próximo día 28 “porque é a mostra dunha maneira de facer política en maiúsculas”

CA creará unha carteira pública de locais comerciais baleiros que serán postos en alugueiro a prezos taxados para comercio de interese municipal

María Rozas e Marta Lois presentaron as propostas de Compostela Aberta en materia de economía, emprego, industria e comercio

María Rozas preséntalle ao Club Financiero de Santiago as propostas de CA en materia de reindustrialización

A candidata de Compostela Aberta á alcaldía comprometeu a creación dunha Oficina de captación e retención de empresas “que facilite a burocracia aos empresarios e emprendedores”

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo