CA pide explicacións polo atraso no reinicio de dúas licitacións da EDUSI que quedaron desertas en setembro

Marta Lois lembra que o alcalde comprometeuse a impulsar novamente os procedementos en só unha semana, chegou a afirmar que estaban reiniciados en outubro, e “catro meses e medio despois segue sen haber novidades”

Compostela Aberta vén de pedirlle ao Goberno que explique os motivos polos que non reiniciou aínda as licitacións de dous proxectos vinculados á EDUSI que quedaron desertos en setembro, “e dos que nunca máis se soubo”. A portavoz municipal, Marta Lois, rexistrou unha pregunta para coñecer “cales son os motivos deste atraso, cando o propio alcalde se comprometeu en rolda de prensa a volver a convocar os dous procedementos en tan só unha semana, e xa van alá catro meses e medio”.

O grupo municipal de Compostela Aberta rexistrou hoxe unha pregunta para a súa resposta por escrito, para reclamarlle ao Goberno explicacións polo atraso no reinicio de dous procedementos de licitación vinculados á EDUSI: o de Prestación dos servizos de redacción do proxecto básico e de execución e dirección facultativa das obras do Centro Integral para a Inclusión Social, e o de Prestación do servizo de redacción de anteproxecto, proxecto básico e de execución e dirección facultativa das obras de recuperación do Campus Sur para o cidadán. A Xunta de Goberno declarou desertos os dous contratos o 20 de setembro e, recordou Marta Lois, “ese mesmo día o alcalde comprometeuse a reiniciar os procedementos en só unha semana, porque entendía que tan só era preciso darlle unha maior difusión para que as empresas se interesaran en asumir os traballos”. A portavoz de Compostela Aberta incidiu en que “desde esas palabras de Bugallo pasaron xa catro meses e medio, co agravante de que o alcalde afirmou en dúas ocasións en rolda de prensa que os procedementos estaban xa reiniciados, sen estalo”.

Na pregunta rexistrada hoxe, Compostela Aberta pídelle ao Goberno que aclare os motivos polos que non se reiniciaron os dous procedementos de licitación, se ten previsto introducir algunha modificación nos pregos, e se entende que houbo algún motivo para que ambos contratos quedaran desertos, alén da escasa difusión xa recoñecida publicamente polo alcalde. Por último, CA tamén reclama explicacións, despois de que Bugallo afirmara en outubro que os procedementos estaban reiniciados, cando seguen sen estalo a día de hoxe.

Documentación
relacionada
PREGUNTA ESCRITA DE COMPOSTELA ABERTA SOBRE O ATRASO NO REINICIO DOS PROCEDEMENTOS DE LICITACIÓN DA EDUSI
Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo