Compostela Aberta pide explicacións polo cese das persoas encargadas de supervisar o contrato dos Centros Cívicos

  • O  Goberno de Bugallo alude á súa intención de designar para o cargo ao que foi director da rede de Centros mentres se sucederon as sentenzas por cesión ilegal de traballadores

 

  • O cese foi aprobado a semana pasada con data efectiva do 31 de xullo, e descoñécese como e quen garantiu desde entón o cumprimento do contrato por parte de Ferrovial

 

Compostela Aberta vén de rexistrar unha pregunta para a súa resposta por escrito por parte do Goberno en relación ao cese das persoas responsables da supervisión do contrato coa empresa Ferrovial para a xestión dos Centros Cívicos de Santiago. O grupo municipal quere coñecer os motivos desta decisión, que na proposta aprobada na Xunta de Goberno do 12 de agosto só se atribúe a intención do concelleiro delegado de encomendarlle a outra persoa o labor de control da concesión. Para CA, é “máis que cuestionable que a primeira medida adoptada polo edil de Centros Cívicos fora apartar aos traballadores municipais que velaban polo correcto cumprimento das condicións do contrato, para colocar no seu lugar á persoa que estivo á fronte da rede de centros cívicos cando se produciron as sentenzas por cesión ilegal de traballadores que supuxeron importantes custos económicos para o Concello”.

Na pregunta que vén de ser rexistrada, Compostela Aberta pídelle ao Goberno que explique se ten constatada algunha deficiencia no labor de supervisión do contrato con Ferrovial que desenvolvían as tres persoas cesadas desas funcións, e que aclare como se está a garantir o control da concesión desde a data efectiva do cese, o 31 de xullo. A día de hoxe, non hai constancia de que o traballador elixido para o control do contrato, Enrique Vázquez Naveira, fora designado oficialmente nin de que fora substituído como técnico do departamento de Relacións Veciñais. Ademais, CA quere saber se este traballador será a única persoa encargada da supervisión do contrato con Ferrovial, habida conta das complexidades desta concesión en relación ao número de persoas usuarias, da heteroxeneidade do programa de actividades e da dispersión física dos centros cívicos.

Cesións ilegais de traballadores

Compostela Aberta lembra que as persoas designadas durante o pasado mandato para o control da concesión da xestión dos centros cívicos eran traballadores municipais cunha ampla experiencia, nun caso como responsable técnica da programación e nos outros dous como encargados de centros cívicos referenciais como son os do Castiñeiriño e Conxo. Para o grupo municipal de CA “é un enorme paso atrás que o Goberno do PSOE opte por confiarlle o bo funcionamento do contrato con Ferrovial a quen foi director da rede de Centros Socioculturais de Santiago mentres o Concello era condenado por cesión ilegal de traballadores en sentenzas que permitiron que empregados e empregadas da empresa concesionaria da xestión dos centros entraran pola porta de atrás na administración pública”. Compostela Aberta lembra que esas sentenzas empezaron a chegar en 2009 e desde entón “non se mudou nada no modus operandi na rede, e nin sequera nos pregos cos que se licitou o servizo nos anos 2012 e 2014. Foi o Goberno de CA o que, en 2017, introduciu modificacións sensibles no prego para garantir que non se deran as circunstancias para que o Concello fora obrigado xudicialmente de novo a asumir traballadores e traballadoras da empresa concesionaria.

 

Novas
relacionadas

María Rozas: “Bugallo tardou demasiado en cesar ao concelleiro de Centros Socioculturais, e debe explicar por que o fai pola porta de atrás”

A portavoz municipal de Compostela Aberta lembra que “a xestión de Javier Fernández leva moitos meses sendo cuestionada, e sobre el pesan graves acusacións de acoso laboral que o alcalde ignorou”

Compostela Aberta pide explicacións sobre o conflito na rede de Centros Socioculturais e a actitude do concelleiro responsable

Compostela Aberta volve reclamarlle ao Goberno que atenda as reclamacións do persoal dos Centros Socioculturais

Compostela Aberta e BNG presentan unha moción conxunta para esixir a retirada dos pregos de Centros Socioculturais

Marta Lois denuncia “a actitude soberbia do concelleiro Javier Fernández, que debera ser desautorizado polo alcalde”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo