Compostela Aberta pide explicacións polos contratos menores en materia de mobilidade ciclista “que se solapan co PMUS xa adxudicado”


  • Xan Duro denuncia que o Goberno gastou máis de 65.000 euros, 50.000 para un mesmo adxudicatario, en estudos que tamén deben ser realizados ao abeiro do Plan de Mobilidade
  • O concelleiro de CA cuestiona a utilidade de contratar un proxecto sobre rede de itinerarios sostibles na contorna da intermodal “cando xa están feitos os carrís bici de Clara Campoamor e do Hórreo, e proxectado o que se incluirá na humanización do Restollal”

O concelleiro de Compostela Aberta Xan Duro cuestionou hoxe o gasto que vén facendo o Goberno local en estudos relacionados coa mobilidade ciclista, que supera os 65.000 euros no que levamos de mandato. O edil pedirá explicacións no Pleno para coñecer “os resultados e a aplicación práctica destes informes, que se suman ao Plan de Mobilidade Urbana Sostible, que está xa adxudicado e no que tamén se deben recoller medidas pra mellorar a rede de itinerarios peonís e cicilistas”.

No que levamos de mandato, o Goberno municipal realizou varios contratos menores para a realización de diferentes estudos e informes sobre a mobilidade ciclista que superan os 65.000 euros. Tres deles, por un importe total de máis de 50.000 euros, foron para o mesmo adxudicatario, ao que se lle encargou en 2020 a redacción do “Estudo base para a definición do estado actual do uso da bicicleta en Santiago”; en 2021 a elaboración do documento técnico “Deseño de rede de itinerarios sostibles reducción pegada carbono”, e xa neste ano 2022 a elaboración do “Plan director da Bicicleta e VMP de Santiago de Compostela”. A maiores, no pasado mes de xuño contratouse a redacción do “Proxecto de execución da Rede de Itinerarios Sostibles-Fase I (entorno intermodal)”. Para Xan Duro, “este proxecto resúltando especialmente chamativo, tendo en conta que no contorno da intermodal existe un carril bici xa executado, e mal executado, no viario Clara Campoamor; outro tramo na rúa do Hórreo, e outro carril bici previsto no proxecto que vén de presentar o Goberno para a humanización do Restollal”. Por este motivo, sinalou, “sorprende que o Goberno encargue outro proxecto, ademais tendo en conta que hai outro documento aprobado para o deseño da rede de itinerarios sostibles reducción pegada de carbono”.

PMUS

Xan Duro explicou que a proliferación de contratos menores sobre mobilidade ciclista é aínda máis inexplicable, tendo en conta que está adxudicado o servizo de revisión do Plan de Mobilidade Urbana Sostible, financiado cos fondos europeos da EDUSI e orzado en case 140.000 euros. O concelleiro de Compostela Aberta lembrou que nos pregos para a licitación do PMUS xa se sinalaba que un dos obxectivos era “incorporar ao viario urbano a mobilidade ciclista e peonil, e mesmo se especifica que unha das cuestións a traballar é a análise do sistema de mobilidade en bicicleta, realizando un inventario da rede ciclista do municipio, analizando a utilización da bicicleta e deseñando unha folla de ruta para a progresiva captación de personas usuarias”. En concreto, os pregos do Plan de Mobilidade obrigan á adxudicataria a “integrar todas as propostas e medidas en materia de mobilidade ciclista nun documento específico denominado Plan Director de Mobilidade Ciclista e todo tipo de VMP, que se entregará como subproducto da asistencia técnica”. Para Xan Duro, o Goberno debe explicar “se os estudos xa contratados se solapan co Plan de Mobilidade, se o adxudicatario do PMUS terá que facer igualmente eses traballos que en boa parte xa lle foron encargados a outras empresas, e cal é o motivo concreto polo que se decidiu facer estas contratacións menores”.

PODES CONSULTAR AQUÍ A PREGUNTA ORAL DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA SOBRE OS ESTUDOS SOBRE MOBILIDADE CICLISTA ENCARGADOS NO ACTUAL MANDATO

Novas
relacionadas

Compostela Aberta e BNG reclámanlle á Xunta que actúe de maneira urxente na recuperación ambiental da canteira de Miramontes

Os dous grupos do Goberno levarán ao próximo Pleno unha moción conxunta para que a Corporación apoie as reivindicacións da Plataforma de Afectadas pola Canteira de Miramontes e FERUSA tras a sentenza que confirma un delito contra o medio ambiente no complexo da Grixoa

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo