Compostela Aberta pide explicacións sobre o conflito na rede de Centros Socioculturais e a actitude do concelleiro responsable

  • O Comité de Empresa dos CSCs segue denunciando incumprimentos dos pregos de contratación que lle afectan aos dereitos laborais dos traballadores e traballadoras
  • Marta Lois insta ao edil Javier Fernández “a aclarar cal está a ser o seu papel no conflito, diante das acusacións dos representantes dos traballadores sobre posibles abusos de poder e acoso laboral”

Compostela Aberta pedirá explicacións no Pleno desta semana, despois de que o Comité de Empresa dos Centros Socioculturais denunciara novos incumprimentos por parte das adxudicatarias que afectan aos dereitos laborais e, sobre todo, fora moi crítico co papel que está a xogar no conflito o edil responsable da área. A portaovoz de Compostela Aberta advertiu que “de confirmarse o relato da representación dos traballadores, estariamos diante dun comportamento inadmisible por parte dun membro do Goberno, que parece esquecer que a súa obriga é velar polo correcto funcionamento dun servizo municipal que incide directamente na vida de centos de veciños e veciñas, e tamén polos dereitos do persoal que se encarga da súa xestión”.

O persoal dos Centros Socioculturais do Concello de Santiago manténse en situación de folga intermitente indefinida desde o pasado mes de abril, reivindicando que se respecten os seus dereitos laborais tras a nova adxudicación do servizo. Ainda que no que tén que ver con algúns dos lotes nos que se dividiu o servizo o Comité de Empresa recoñece avances, agora denuncia irregularidades relacionadas co lote de Atención ao Público. A representación sindical afirma que a nova adxudicataria non subrogou a unha traballadora, reduciulle a xornada laboral a outras dúas persoas, eliminou un plus de actividade coa conseguinte rebaixa de salario do persoal, e realizou distribucións dos horarios que claramente prexudican aos traballadores e traballadoras e atentan contra o dereito á conciliación. Marta Lois pediulle ao edil de Centros Socioculturais que aclare “que xestións fixo coa adxudicataria, e se pode garantir que se están respetando escrupulosamente os dereitos das traballadoras e tamén os pregos de condición do concurso, porque non se entende que a súa primeira reacción pública sexa negar as denuncias do Comité, antes mesmo de falar coa empresa”.

Actitude intolerable do concelleiro

Para a portavoz de Compostela Aberta, “Javier Fernández reafírmase na actitude intolerable que tivo desde o inicio do conflito na rede de Centros Socioculturais, porque nunca quixo falar cos traballadores e traballadoras, e diante de calquera queixa a súa resposta foi poñerse sempre do lado das empresas”. Ademais, lembrou Lois, “se estamos nesta situación é, en boa medida, porque o edil non quixo atender as advertencias que lle fixemos reiteradamente sobre os erros e deficiencias dos pregos do concurso”.

Marta Lois pedirálle tamén ao concelleiro de Centros Socioculturais que aclare no Pleno cal está a ser o seu papel para mediar no conflito laboral, “porque, de confirmarse, consideramos moi graves as prácticas que vén denunciando o Comité de Empresa, que sostén que Javier Fernández se encarga persoalmente de retirar material informativo sobre a folga dos centros socioculturais, irrompe nas actvidades nas que participan crianzas, e mantén unha actitude de acoso laboral ao persoal que secunda os paros”.  Para a concelleira de Compostela Aberta, “urxe que o concelleiro dea explicacións e, de ser o caso, que asuma as súas responsabilidades”.

A portavoz de CA concluiu advertindo que “os problemas coa adxudicación do servizo de Centros Socioculturais non só lle afectan aos traballadores e traballadoras, senón tamén aos usuarios”. Nesa liña, advertiu que “xa se empezan a escoitar moitas voces críticas ao respecto da programación ofertada neste novo curso, que nalgúns centros se considera insuficiente e comunicada con moi pouca antelación”. Marta Lois adiantou que “o grupo municipal de CA estará vixilante para que no novo curso que está arrancando a oferta dos Centros Socioculturais sexa acaída e acorde á importancia que tén a rede para a veciñanza de Santiago

Novas
relacionadas

“Para CA, o responsable cos veciños era estar no goberno e aportar estabilidade”

Entrevista a María Rozas, concellería de Dereitos e Servizos Sociais e primeira tenente de alcaldesa

O goberno local estudará de urxencia as posibilidades para atopar unha solución que mellore o servizo de autobuses urbanos

Considera que os recursos do contrato do transporte evidencian a ineficacia do PSOE para realizar os pregos

O Goberno de coalición bota a andar “para impulsar políticas transformadoras e afrontar con valentía os retos de Santiago”

María Rozas é a primeira tenenta de alcaldesa e asume as competencias de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude

María Rozas: “Asinamos un bo acordo para Santiago, que atende ao que nos pediu a veciñanza: un goberno de esquerdas e plural”

Compostela Aberta e BNG asinaron as bases do acordo de goberno transformador para Santiago durante o mandato 2023-2027

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo