Compostela Aberta pide o arranxo do acceso peonil ao CEIP Apóstolo Santiago e o Centro Xove da Almáciga

O lateral da rúa Proxecto Vagalume presenta un enorme deterioro que se agrava nos días de chuvia

Compostela Aberta denunciou hoxe “o estado calamitoso” no que se atopa o acceso peonil ao CEIP Apóstolo Santiago e ao Centro Xove da Almáciga, a través da rúa Proxecto Vagalume. A falta de mantemento deste espazo provocou que presente numerosas fochancas, que dificultan o paso do alumnado no colexio, sobre todo nos días de chuvia.

A concelleira María Rozas explicou que nas últimas semanas ven recibindo numerosas queixas, tanto da comunidade escolar do CEIP Apóstolo Santiago como das persoas usuarias do Centro Xove da Almáciga, polo mal estado no que se atopan os accesos peonís. Trátase do espazo lateral do colexio, desde a rúa proxecto Vagalume, que presenta enormes fochancas que provocan apozamentos nos días de chuvia. María Rozas explicou que “esta zona ten agora un maior uso por parte da comunidade educativa, porque cos protocolos Covid utilízase como entrada de parte do alumnado do CEIP Apóstolo Santiago”. María Rozas sinalou que “na actualidade este espazo non está incorporado á parcela do colexio, senón que se mantén aberto permanentemente como acceso ao Centro Xove da Almáciga, pero iso non foi acompañado dos traballos de mantemento acaídos”.

CA levará ao próximo Pleno un rogo para instar ao Concello a arranxar canto antes as deficiencias que presenta a zona, e para planificar o seu mantemento a longo prazo e evitar que volva presentar o estado actual.

Documentación
relacionada
ROGO DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA QUE SE ARRANXE A RÚA PROXECTO VAGALUME NO TRAMO LATERAL DO COLEXIO APOSTOLO SANTIAGO
Novas
relacionadas

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

Moción conxunta para reclamarlle á Xunta que cumpra con Santiago e resolva o caos de tráfico e de falta de aparcadoiro no CHUS

María Rozas, Gonzalo Muíños e Míriam Louzao presentan unha iniciativa para que a Xunta asuma a súa competencia e realice o investimento necesario

“Nos primeiros cen días de Goberno atendimos urxencias como a dos autobuses, recuperamos o diálogo social, e reconducimos o proxecto do Centro de Persoas sen Fogar” 

O Goberno mantivo un encontro cos medios de comunicación para facer balace dos cen primeiros días de mandato

“Para CA, o responsable cos veciños era estar no goberno e aportar estabilidade”

Entrevista a María Rozas, concellería de Dereitos e Servizos Sociais e primeira tenente de alcaldesa

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo