Compostela Aberta pide que a Comisión Asesora da Cidade Histórica avalíe a instalación de 43 cámaras na zona vella

Jorge Duarte cualifica de “incomprensible que a colocación dos dispositivos non sexa sometida ao mesmo control rigoroso que outros elementos como a fibra óptica”

O concelleiro de Compostela Aberta Jorge Duarte criticou hoxe “que o Goberno local prevea a instalación de 43 cámaras na zona vella sen que esa cuestión fora avaliada pola Comisión Asesora da Cidade Histórica, o órgano que debe velar polo cumprimento do Plan Especial e que sí avalía a colocación doutros elementos que se entende que poden causar impacto nun conxunto que é Patrimonio Mundial da Humanidade”. O edil cualificou de “incomprensible que o Concello sexa moito máis esixente coa veciñanza ou cos comerciantes do que é cos seus propios proxectos”.

Compostela Aberta levará ao Pleno do próximo xoves un rogo para que a Comisión Asesora de Patrimonio Histórica elabore un informe previo sobre cada unha das 43 cámaras que se van instalar na zona histórica, “un procedemento que é de obrigado cumprimento e que se lles esixe ás persoas particulares cando se trata de domicilios ou negocios particulares”. Jorge Duarte considerou “difícilmente explicable que a instalación da fibra óptica se atrasara durante anos para procurar solucións respectuosas co Plan Especial da Cidade Histórica, e que agora a instalación de 43 cámaras non sexa sometida a ningún informe”. O edil referiuse, en concreto, ao artigo 53 do Plan Especial, que regula as instalacións eléctricas, telefónicas e demais instalacións por cable. 

Nesa liña, Jorge Duarte foi moi crítico co bando asinado o pasado día 16 polo alcalde, no que simplemente “informaba da instalación das cámaras intelixentes en 38 puntos da cidade histórica, e mesmo pedía a colaboración dos particulares para a colocación deses dispositivos, os mesmos particulares que habitualmente se atopan on trámites moi fagarrosos para levar a cabo calquera actuación nas súas propiedades”.

Proxecto cuestionable

Xa no pasado mes de febreiro, despois da presentación do proxecto, Compostela Aberta levou ao Pleno un rogo para solicitarlle ao Goberno que reavaliara a instalación de 43 cámaras na cidade histórica, no marco do proxecto Smartiago. Para CA, a posta en marcha deses dspositivos “pode colisionar con dereitos fundamentais da cidadanía como son o da privacidade e intimidade, o da libre circulación das persoas ou mesmo o da liberdade de expresión”. Ademais, Compostela Aberta entende que, con esta proposta, “o Goberno de Bugallo está a desvirtuar o proxecto para o que o Goberno de CA captou cinco millóns de euros no pasado mandato, e que non prevía a instalación de cámaras na zona vella senón actuacións para a mobilidade intelixente e a mellora do sistema de reparto de mercancías”.

PODES CONSULTAR AQUÍ O ROGO DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA QUE O CONCELLO DE SANTIAGO CUMPRA COA NORMATIVA VIXENTE PARA A INSTALACIÓN DE CÁMARAS DE VIXIANCIA DENTRO DO ÁMBITO DO PLAN ESPECIAL DA CIDADE HISTÓRICA (PE-1)

Novas
relacionadas

“Que dous señores tomen decisións a 25 anos nun despacho, sen escoitar a ninguén, e a dous meses das eleccións, mostra a súa nula calidade democrática”

Compostela Aberta reconducirá os usos anunciados para a Casa do Matadoiro “que non poden depender de ocurrencias de Bugallo en tempo de desconto”

Jorge Duarte: “Hai consenso político e técnico sobre cal é o mellor proxecto para Castrón Douro, e só Bugallo leva a contraria”

Na comisión asesora de hoxe, quedou sobre a mesa a modificación do proxecto da II fase de Castrón Douro por falta de apoios, e Compostela Aberta demandará no Pleno que se manteña o acordado no pasado mandato coa veciñanza

CA pide explicacións sobre o cumprimento do contrato para a dotación de contenedores intelixentes no marco do Smartiago

A APP do proxecto informa da existencia de tres colectores, pero ningún deles está no lugar sinalado

CA esíxelle a Bugallo que manteña o proxecto orixinal para a segunda fase da reurbanización de Castrón Douro

María Rozas e Jorge Duarte reuníronse coa veciñanza da zona, que non foi informada polo Goberno da súa intención de modificar o proxecto que quedara elaborado no pasado mandato

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo