Compostela Aberta pide que Santiago se ofreza como lugar de acollida de refuxiadas afgás

CA levará ao Pleno unha moción para demandar que “todas as administracións, tamén a local, se impliquen na resposta solidaria e de defensa dos dereitos humanos en Afganistán”

 Compostela Aberta pide que Santiago sexa declarado municipio de acollida de persoas refuxiadas afgás, particularmente de mulleres e nenas, e que se poñan a disposición do Goberno Central tantas prazas como sexan posibles para colaborar a reducir o impacto humanitario da situación que se vive en Afganistán desde a toma de Kabul polos talibáns. A portavoz municipal de CA, Marta Lois, incidiu en que “todas as administracións públicas, tamén a municipal, deben dar unha resposta solidaria e de defensa dos dereitos humanos, no caso de Santiago dando tamén cumprimento aos acordos adoptados no Pleno durante o pasado mandato”.

Compostela Aberta levará ao Pleno deste mes unha moción na que pide que a Corporación declare ao municipio de Santiago como lugar de acollida de refuxiadas, ademais de instar á Xunta de Galicia a mostrar tamén ao Goberno español a súa vontade de acoller a  persoas procedentes de Afganistán “particularmente de mulleres e nenas que ven como os seus dereitos e as súas vidas están en perigo no seu país”. Do mesmo xeito, a moción presentada por CA tamén insta ao Goberno do Estado a habilitar un corredor humanitario para as persoas demandantes de asilo que queiran abandonar Afganistán e a tramitar esas peticións de asilo coa maior dilixencia.

Marta Lois lembrou que durante o pasado mandato, a corporación municipal aprobou unha Declaracion Institucional na que se sinalaba que “Santiago, conforme á súa especial filiación europea e vocación acolledora, debe colaborar de forma activa na solución de crises humanitarias” como a que naquel momento se viviu en Siria e agora lle afecta a Afganistán. A portavoz de Compostela Aberta insistiu en que “ningunha administración pública debe ser allea a unha situación como a que se vive en Afganistán, e todas elas, tamén a administración municipal, deben responder para defender os dereitos dos millóns de persoas afectadas, e en particular das mulleres e nenas que corren perigo inminente de seren lapidadas, torturadas, violadas ou asasinadas por cuestións tan simples como bailar, cantar, traballar ou estudar”.  Ademais, a concelleira incidiu en que “non se pode esquecer a responsabilidade directa que teñen Estados Unidos, a OTAN, e a Unión Europea no terror que estar a vivir a poboación afgá, e por iso urxe unha maior reacción da comunidade internacional ante o desastre que supuxeron os últimos vinte anos de intervención e guerra en Afganistán”.

PODES LER AQUÍ A MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA  MANIFESTAR  O APOIO ÁS PERSOAS REFUXIADAS AFGÁS, EN ESPECIAL MULLERES E NENAS QUE BUSCAN REFUXIO EN EUROPA

Novas
relacionadas

Yolanda Díaz arroupa a Compostela Aberta no día grande da Ascensión

A vicepresidenta pediu o apoio para María Rozas nas eleccións do próximo día 28 “porque é a mostra dunha maneira de facer política en maiúsculas”

CA creará unha carteira pública de locais comerciais baleiros que serán postos en alugueiro a prezos taxados para comercio de interese municipal

María Rozas e Marta Lois presentaron as propostas de Compostela Aberta en materia de economía, emprego, industria e comercio

María Rozas preséntalle ao Club Financiero de Santiago as propostas de CA en materia de reindustrialización

A candidata de Compostela Aberta á alcaldía comprometeu a creación dunha Oficina de captación e retención de empresas “que facilite a burocracia aos empresarios e emprendedores”

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo