Compostela Aberta pide que se executen as obras precisas para abrir os locais de ensaio da Almáciga

O grupo municipal de CA presenta un rogo para demandar a insonorización e ventilación dos locais

Compostela Aberta demándalle ao Goberno local que acometa as actuacións necesarias para poñer a disposición da mocidade os locais de ensaio do Centro Xove da Almáciga, que seguen pechados meses despois de ter rematado o seu acondicionamento. O grupo municipal de CA levará ao próximo Pleno un rogo, reclamando que se inicien coa máxima urxencia as actuacións precisas para a apertura dese espazo, relacionadas coa insonorización e a ventilación.

A concelleira Branca Novoneyra lembra no rogo que os locais de ensaio da Almáciga “son unha demanda histórica da mocidade de Santiago, que quere un espazo municipal suficientemente dotado para acoller ensaios e gravacións musicais en condicións óptimas, que favorezan boas prácticas no eido da creación musical”. Atendendo a esa reclamación, no pasado mandato acondicionáronse, no Centro Xove da Almáciga, tres salas, un estudo de gravación e un almacén para coidado de material que aínda non puideron entrar en funcionamento. Un dos motivos do atraso na apertura do espazo foi o elevado índice de gas radon detectado, que obriga a acometer unha nova obra de ventilación. Ademais, é preciso realizar unha actuación para insonorizar o espazo. 

Branca Novoneyra  explicou que “hai unha nova circunstancia engadida que motiva a petición de Compostela Aberta, e que ten que ver cunha inundación nas instalacións que provocou numerosos desperfectos na carpintería e no chan dos locais, tal e como puidemos coñecer nunha visita á Almáciga co persoal técnico do departamento de Mocidade”. Por iso, o grupo municipal de CA pídelle ao Goberno que inicie coa máxima urxencia as obras de mantemento, insonorización e ventilación de cara á apertura dos locais de ensaio da Almáciga.

PODES CONSULTAR AQUÍ O ROGO PRESENTADO POR COMPOSTELA ABERTA

Arquivado en:Branca Novoneyra
Novas
relacionadas

Branca Novoneyra: “O Goberno de Bugallo ten unha última oportunidade para autocorrixirse e apostar polos artistas locais na programación das festas”

Compostela Aberta leva ao Pleno unha moción para esixir un plan de contratación de artistas e empresas culturais locais para a Ascensión e o Apóstolo, cunha dotación mínima de 250.000 euros

CA reitera o seu apoio á creación dun Conservatorio Profesional de Danza en Santiago

María Rozas e Branca Novoneyra reuníronse coas representantes da Plataforma que leva anos reclamando este centro “para o que existe unha enorme demanda en Compostela”

CA reclama a redacción do I Plan Estratéxico da Cultura

Branca Novoneyra denuncia que Santiago caeu ao posto 15 no informe “Lo mejor de la Cultura 2022”, no que ocupaba o posto 10 en 2016

Compostela Aberta denuncia o fracaso da convocatoria de axudas para actividades culturais, con só tres entidades beneficiarias

Branca Novoneyra reclama un plan de formación para as asociacións culturais, “porque non é asumible que só 3 entidades reciban este tipo de axudas e queden sen gastar 30.000 euros”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo