Compostela Aberta pide que se planifique a conexión da Vía Verde Santiago-Cerceda coa estación intermodal

  • Xan Duro urxe ao Goberno a acondicionar o tramo compostelán da Vía Verde, cando se vai cumprir un mes da inauguración do resto do itinerario
  • O concelleiro de CA lembra que “o equipo de Bugallo gastou máis de 35.000 euros en estudos para planificar itinerarios ciclistas, dos que seguimos sen noticias”

Compostela Aberta instou hoxe ao Goberno local a deseñar un itinerario que conecte a vella estación da Sionlla coa estación intermodal, “para integrar a Vía Verde na trama urbana de Santiago, e convertela así nun verdadeiro eixo vertebrador da zona norte do municipio”. O concelleiro Xan Duro explicou que o acondicionamento desa ruta “facilitaría o acceso en bicicleta ou camiñando ás antigas vía do ferrocarril, que agardamos que sexan acondicionadas canto antes no tramo de Santiago, o único aínda pendente”.

Compostela Aberta levará ao próximo Pleno unha moción na que lle pide ao Goberno local que deseñe esa conexión entre a vella estación da Sionlla, punto de partida da Vía Verde, e o carril bici do viario Clara Campoamor, ao carón da estación intermodal. Xan Duro explicou que entre ambos puntos “hai unha distancia de 8 quilómetros, que os potenciais usuarios da Vía Verde terán que percorrer por tramos de estrada cun importante volume de tráfico, unha circunstancia que  podería disuadir da súa utilización”. Por iso, o concelleiro de CA apostou por “integrar a Vía Verde na trama urbana de  Santiago, acondicionando un viario que comunique a estación intermodal coa Sionlla”.

Utilizar os estudos contratados

Xan Duro sinalou que “o acondicionamento da conexión entre a intermodal e a Vía Verde sería relativamente sinxelo, posto que poderían utilizarse as pistas das Brañas de Sar e as que descorren próximas ao trazado da vía actual ata o Polígono de Costa Vella”. Ademais, o concelleiro lembrou que “o Goberno ten gastado máis de 35.000 euros en dous estudos relacionados co uso da bicicleta e o deseño dunha rede de itinerarios sostibles, nos que se fai referencia á necesidade de conectar a estación intermodal co Polígono do Tambre”. Nun deses informes, mesmo se apunta un deseño desa posible vía, que formaría parte dunha rede secundaria de carrís bici.O edil considerou “sorprendente que neses estudos, realizados a través de contratos menores, non se faga referencia á Vía Verde, malia a que levaba anos proxectada”. 

O concelleiro de Compostela Aberta aproveitou para reclamarlle ao Goberno local que axilice os trámites pendentes  para o acondicionamento do tramo de Santiago da Vía Verde, “o único que segue sen iniciarse cando pronto se cumprirá un mes da inauguración da ruta entre Oroso e Cerceda, nun acto organizado pola Deputación da Coruña”. Xan Duro lamentou “o desleixo do Goberno de Bugallo, que en tres anos e medio de mandato non foi quen de executar un proxecto que recibiu feito do anterior Goberno de Compostela Aberta, que recuperou a iniciativa da que xa se empezara a falar en 2008”. Así as cousas, o concelleiro cualificou de “esperpéntico” que no Pleno desta semana se vaia aprobar a participación de Santiago como socio fundador na Asociación de concellos Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle, “mentres seguimos agardando que comecen os traballos no tramo desde a vella estación da Sionlla”. Segundo os estatutos, que tamén se aprobarán no Pleno, o Concello compostelán terá que facer unha achega anual de 12.000 euros para esa entidade, “a contía máis importante, posto que a cota fixada é de 1.000 euros por quilómetro de Vía Verde, e por Santiago discorren 12 dos case 37 quilómetros do itinerario”.

Por último, Xan Duro aproveitou para reclamar “unha maior coordinación entre a Xunta e o Concello de Santiago no que tén que ver coa senda ciclista ao Milladoiro”. Para o concelleiro de CA, “é difícil entender que as dúas administracións non colaboren máis estreitamente na planificación desta infraestrutura tan necesaria e demandada”.

PODES LER AQUÍ A MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA A MELLORA DA CONEXIÓN CICLISTA DO FUTURO TRAMO DA VÍA VERDE DE SANTIAGO CO CENTRO URBANO

Novas
relacionadas

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

Moción conxunta para reclamarlle á Xunta que cumpra con Santiago e resolva o caos de tráfico e de falta de aparcadoiro no CHUS

María Rozas, Gonzalo Muíños e Míriam Louzao presentan unha iniciativa para que a Xunta asuma a súa competencia e realice o investimento necesario

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo