CA pide que se reforce o persoal da Oficina de Atención ao Contribuínte durante o período de pago do IBI

María Rozas denuncia que non hai citas dispoñibles para consultas tributarias presenciais ata o 3 de setembro, e o prazo para abonar o Imposto de Bens Inmobles remata o día 5

A concelleira de Compostela Aberta María Rozas pediulle hoxe ao Goberno que reforce a Oficina Municipal de Atención ao Contribuínte, “procurando fórmulas para que o servizo conte con persoal suficiente para atender as dúbidas da veciñanza durante o período de cobro do IBI”. A concelleira explicou que “a día de hoxe non se pode conseguir cita na oficina ata o 3 de setembro, o día laborable anterior a que remate o prazo para abonar o recibo, que este ano incorpora novidades que están a xerar dúbidas entre a veciñanza”.

María Rozas explicou que, por mor do cambio da aplicación informática, este ano tén mudado o formato do recibo do IBI, “e iso está a xerar dúbidas entre os e as contribuíntes, que se atopan con novidades como que o importe total a pagar figura agrupado, e non lles permite coñecer que cantidade corresponde a cada un dos bens inmobles da súa propiedade”. A maiores, a concelleira sinalou que “a Oficina de Atención ao Contribuínte estivo pechada unha semana por cuestións sanitarias, durante o prazo para o pago do IBI, e iso sen dúbida contribuiu á saturación do servizo”.

Ainda que o Concello tén contratado un servizo de atención telefónica para a atención ao contribuínte, Rozas apuntou que “é evidente que ese reforzo non abonda, porque en moitos casos os veciños e veciñas desexan ser atendidos presencialmente para resolver mellor as súas dúbidas”. Boa mostra é, indicou a concelleira de CA, “que a día de hoxe é imposible conseguir unha cita para a Oficina de Atención ao Contribuínte antes do venres 3 de setembro, e ese é xusto o día laborable anterior a que finalice o prazo para abonar o Imposto de Bens Inmobles”.

Arquivado en:IBImaría rozas
Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

Moción conxunta para reclamarlle á Xunta que cumpra con Santiago e resolva o caos de tráfico e de falta de aparcadoiro no CHUS

María Rozas, Gonzalo Muíños e Míriam Louzao presentan unha iniciativa para que a Xunta asuma a súa competencia e realice o investimento necesario

“Nos primeiros cen días de Goberno atendimos urxencias como a dos autobuses, recuperamos o diálogo social, e reconducimos o proxecto do Centro de Persoas sen Fogar” 

O Goberno mantivo un encontro cos medios de comunicación para facer balace dos cen primeiros días de mandato

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo