Compostela Aberta pide que se repoñan os elementos que impedían o acceso de vehículos ao parque infantil de Vidán

CA tamén reclamará no Pleno o arranxo da pista de Brins a Fontecova, de acceso ao Monte Pedroso

Compostela Aberta levará ao Pleno do próximo luns as queixas da veciñanza de Vidán, que eva case un ano agardando pola instalación duns bolardos na zona de acceso peonil ao parque infantil da avenida Mestra Victoria Míguez. Tal e como lle explicaron os residentes á concelleira María Rozas, “desde a desaparición destes elementos, hai vehículos que acceden a esta zona restrinxida, creando situacións de risco para as nenas e nenos que se atopan na área de xogos”.

Compostela Aberta preguntará no Pleno polos motivos da tardanza na instalación dalgún elemento que evitara o acceso dos vehículos, á que se compretera o Goberno en agosto de 2020, despois de que a veciñanza de Vidán presentara un cento de firmas no rexistro do Concello. Os bolardos xa existían previamente e foron retirados, conservándose só as súas bases.

Pista de Fontecova

O grupo municipal de CA tamén levará ao Pleno un rogo para que o Concello acometa o arranxo da pista de acceso ao Monte Pedroso que vai de Brins a Fontecova. Trátase dun viario que é moi utilizado, tanto pola veciñanza como polos vixiantes do servizo de defensa contra os incendios forestais. A pista atópase nun estado deplorable, con fochancas e moitas pedras soltas que mesmo poñen en risco a seguridade. Compostela Aberta demándalle ao Goberno a súa reparación, de maneira urxente.

Arquivado en:Pleno
Novas
relacionadas

María Rozas: “Os remanentes de 2022 son a última demostración de que Bugallo é un alcalde incapaz”

A portavoz de Compostela Aberta cualifica de “escandaloso que o Goberno peche o ano con 24 millóns de euros sen gastar e 14 millóns de gastos pendentes”

Marta Lois: “O Goberno non pode permitir que sigan pechados máis de 40 postos da Praza de Abastos”

Compostela Aberta propón a convocatoria dun concurso, acompañado dunha liña específica de axudas, para darlle un uso aos espazos desocupados do mercado, priorizando proxectos de economía social e que permitan a inserción laboral de persoas desempregadas de longa duración

María Rozas: “Bugallo cambiou un centro para persoas sen fogar por un edificio de despachos poñendo en risco un millón de euros de fondos europeos”

Compostela Aberta pedirá explicacións no Pleno sobre o modelo do Centro de Inclusión “do que a concelleira de Políticas Sociais non informou ás entidades sociais que traballan en Santiago”

Jorge Duarte: “Hai consenso político e técnico sobre cal é o mellor proxecto para Castrón Douro, e só Bugallo leva a contraria”

Na comisión asesora de hoxe, quedou sobre a mesa a modificación do proxecto da II fase de Castrón Douro por falta de apoios, e Compostela Aberta demandará no Pleno que se manteña o acordado no pasado mandato coa veciñanza

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo