Compostela Aberta pide que se retome o proxecto da Cidade da Raqueta, readaptándoo ás novas necesidades

O concelleiro Xan Duro lamenta que o Goberno “deixara pasar 20 meses sen dar ningún paso para viabilizar o equipamento”
  • CA apoia que o proxecto se aborde por fases, “construíndo inicialmente as instalacións para o tenis de mesa, tal e como reclama a federación galega desta disciplina”

Compostela Aberta urxe ao Goberno local a retomar o proxecto da Cidade da Raqueta, readaptándoo ás novas necesidades, e instando á Xunta e á Deputación da Coruña a colaborar no seu financiamento, tal e como estaba previsto no pasado mandato. O concelleiro Xan Duro lamentou “a pasividade do Concello, que non deu novos pasos desde que en setembro de 2019 o Pleno da Corporación aprobara defnitivamente a modificación do PXOM que permitía desenvolver o equipamento deportivo nas proximidades do estadio Verónica Boquete de San Lázaro”.

Xan Duro lembrou que o proxecto da Cidade da Raqueta foi consensuado durante o pasado mandato coas federacións galegas de Squash, Bádminton e Tenis de Mesa. As dúas primeiras entidades, segundo informa a concelleira de Deportes, xa non estarían interesadas a día de hoxe no equipamento, “posiblemente froito da desidia do Goberno local, que nos últimos 20 meses non deu nin un só paso para viabilizalo”. O concelleiro de Compostela Aberta explicou que, pola contra, a Federación Galega de Tenis de Mesa segue apostando polo proxecto, “e mesmo tén traballada unha proposta para adaptalo ás novas circunstancias, para termos unhas instalacións máis reducidas que poidan acoller adestramentos e competicións nacionais e internacionais desta disciplina”. A proposta da federación, engadiu Duro, “está pensada tamén para posibilitar que posteriormente se complete o equipamento, ata termos o conxunto da Cidade da Raqueta que estaba planificado, sempre e cando así o desexen as federacións de badminton e squash como estaba previsto”

Proxecto por fases

O concelleiro explicou que Compostela Aberta defenderá no Pleno da próxima semana unha moción na que se insta ao Goberno a readaptar o proxecto orixinal da Cidade da Raqueta, de maneira que nunha primeira fase se aborde a construción do equipamento dedicado ao tenis de mesa, tanto para a práctica deportiva como á sede administrativa da federación galega desta disciplina. Ademais, CA urxe ao Goberno a reclamar a colaboración da Xunta e da Deputación da Coruña no financiamento desta primeira fase, “porque ambas administracións tiñan manifestado no pasado mandato a súa vontade de participar no proxecto da Cidade da Raqueta”. Por último, Compostela Aberta reclama que se establezan os necesarios mecanismos de diálogo coas Federacións de Bádminton, Squash e Tenis de Mesa para avanzar e lograr consensos neste proxecto, “que sería dun gran interese porque atendería unha vella reclamación das tres entidades, e porque atendería disciplinas deportivas nas que Santiago tén un enorme potencial e nas que os clubs da cidade teñen conseguido importantes éxitos, particularmente no tenis de mesa, a través fundamentalmente do club Arteal que conta con máis de 70 deportistas federados”.

PODES CONSULTAR AQUÍ A MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA A READAPTACIÓN E EXECUCIÓN DO PROXECTO DA CIDADE DA RAQUETA

Arquivado en:xan duro
Novas
relacionadas

“Nos primeiros cen días de Goberno atendimos urxencias como a dos autobuses, recuperamos o diálogo social, e reconducimos o proxecto do Centro de Persoas sen Fogar” 

O Goberno mantivo un encontro cos medios de comunicación para facer balace dos cen primeiros días de mandato

María Rozas: “Asinamos un bo acordo para Santiago, que atende ao que nos pediu a veciñanza: un goberno de esquerdas e plural”

Compostela Aberta e BNG asinaron as bases do acordo de goberno transformador para Santiago durante o mandato 2023-2027

Compostela Aberta pídelle ao Goberno que medie no conflito do lixo

María Rozas e Xan Duro reuníronse esta tarde co Comité de empresa de Urbaser “que leva meses advertido do incumprimento dos seus dereitos, ante a inacción de Bugallo”

María Rozas: “No próximo mandato hai que tomar decisións sobre a auga, e CA non renuncia á xestión directa nin permitirá que gobernen as concesionarias”

A candidata de CA á alcaldía e o número 2, Xan Duro, insisten en que “hai que continuar o camiño iniciado no pasado mandato, porque hai datos que avalan que a xestión directa é o mellor modelo para os intereses da veciñanza”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo