Compostela Aberta pide que se traslade a 2021 a homenaxe a Carvalho Calero no Día das Letras Galegas

O grupo municipal de CA instará á Corporación municipal a trasladar esa demanda do Concello de Santiago á Real Academia de Galega

Compostela Aberta quere que a Real Academia Galega traslade a 2021 a homenaxe a Carvalho Calero no Día das Letras Galegas, para garantir que se poidan desenvolver ao longo do próximo ano todos eventos e actividades que tiveron que ser suspendidos por mor da crise da Covid-19. O grupo municipal de CA instará á Corporación municipal a pronunciarse no mesmo sentido, para trasladarlle unha petición formal do Concello de Santiago á Real Academia Galega.

Compostela Aberta lembra que Santiago ía ser unha cidade clave nas actividades relacionadas con Cavalho Calero ao longo de todo este ano, posto que o autor mantivo unha estreita relación coa capital galega,  onde residiu parte da súa vida. Tamén o Concello de Santiago. O Concello de Santiago tiña previsto colaborar en parte desa programación, que quedou en suspenso tras a declaración do estado de alarma pola pandemia do coronavirus, e porr iso o grupo municipal de CA procurará a aprobación dunha declaración institucional na que se inste á Real Academia Galega a adiar a homenaxe a Carvalho Calero para o Día das Letras Galegas de 2021.

Para Compostela Aberta, non se entende que a proposta da Real Academia Galega sexa trasladar as celebracións do 17 de maio ao 31 de outubro, coincidindo co 110 aniversario do nacemento do autor. Este cambio de datas dificultaría o desenvolvemento de todos os eventos previstos ao redor da figura do escritor, e impediría que se levaran a cabo as actividades programadas no ensino, unha parte fundamental no obxectivo de difusión da figura e da obra do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas. A maiores, lembra CA, non hai garantías de que no mes de outubro se vaian dar as circunstancias sanitarias para celebrar os recoñecementos que a figura de Carvalho Calero merece.

Compostela Aberta agarda que o conxunto da Corporación municipal se pronuncie a favor de trasladar a homenaxe a Carvalho Calero ao Día das Letras Galegas de 2021, tendo en conta que no Pleno do pasado mes de setembro foi aprobada unha declaración institucional, a partir dunha moción de CA, na que se instaba ao Goberno a preparar unha programación propia, que se prolongara durante todo o ano 2020, para poñer en valor a figura do filólogo e para nomealo fillo adoptivo de Santiago.

PODES CONSULTAR AQUÍ A PROPOSTA DE DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA INSTAR Á REAL ACADEMIA GALEGA A TRASLADAR A 2021 A HOMENAXE A CARVALHO CALERO NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Novas
relacionadas

COMUNICADO DE COMPOSTELA ABERTA DIANTE DA CONMEMORACIÓN DO 8M, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Como cada 8 de marzo, Compostela Aberta súmase ás reivindicacións polo Día Internacional das Mulleres e fai un chamamento á cidadanía a participar nas mobilizacións convocadas para reclamar unha igualdade real entre homes e mulleres, defender o dereito das mulleres a vivir unha vida libre e segura, e denunciar a discriminación que perdura, malia os avances nas últimas décadas.

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo