As obras de Concheiros

Compostela Aberta pide transparencia “ante as diferentes versións que segue achegando o Goberno sobre as obras de Concheiros”

Marta Lois reclama explicacións despois de que o concelleiro de Obras anunciara que xa está en marcha un expediente á empresa que o alcalde descoñecía onte mesmo

Compostela Aberta reclamoulle hoxe ao Goberno local “que clarifique dunha vez que está a pasar coas obras de Concheiros, porque as versións contraditorias que seguen achegando o alcalde e os seus concelleiros non fan máis que incrementar a preocupación da veciñanza polo desenvolvemento dos traballos”. A portavoz municipal de CA, Marta Lois, referiuse así ao anuncio que hoxe facía o concelleiro de Obras, Javier Fernández, sobre a abertura dun expediente á empresa encargada da reurbanización, “só horas despois de que o alcalde puxera en dúbida a conveniencia de iniciar ese trámite por se puidera supoñer un maior atraso nas obras”.

A concelleira de Compostela Aberta lamentou que “unha vez máis queda claro que o Goberno actúa sen a máis mínima transparencia e sen coordinación interna no que tén que ver coas obras de Concheiros”. Só así se explica, incidiu Lois, que o concelleiro de Obras “asegure hoxe que o Concello lle abriu un expediente á empresa o pasado 20 de decembro, cando nos últimos días o alcalde foi preguntado en reiteradas ocasións por esa posibilidade e en ningún momento deu conta do inicio dese trámite”. Onte mesmo, en declaracións a unha emisora de radio, Bugallo afirmou que ese expediente sancionador á empresa sería aberto no caso de que as obras non rematen no último prazo establecido, o 22 de xaneiro, e apuntaba o seu temor de que expedientar á empresa puidera supoñer paralizar os traballos durante un período de seis meses.

Desinformación continua nas obras de Concheiros

Marta Lois incidiu en que “a desinformación é a tónica dominante nas obras de Concheiros”. O acontecido hoxe con respecto ao expediente sancionador á empresa “súmase a outros episodios lamentables, como o vivido en novembro, cando Bugallo afirmaba nos medios de comunicación que as obras rematarían antes de finalizar 2021, sabendo que xa a Xunta de Goberno acordar ampliar ese prazo ata o 22 de xaneiro”. Para a portavoz de Compostela Aberta “é evidente que, no que relativo a estas obras, a palabra do Goberno, e máis en concreto do alcalde e do concelleiro de Obras, non tén xa ningún valor”.

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo