CA pide un maior control do estacionamento na contorna do parque de Belvís

  • Xan Duro denuncia a presenza constante de vehículos mal estacionados en lugares non autorizados “nun ámbito de especial valor natural e patrimonial”

Compostela Aberta pídelle ao Goberno local que intensifique o control do estacionamento na contorna do parque de Belvís para frear a constante presenza de vehículos aparcados en lugares non autorizados. O concelleiro Xan Duro incidiu na obriga do Concello de “garantir a protección do patrimonio natural e patrimonial deste espazo especialmente sensible, que sofre moita presión de tráfico pola súa proximidade cos colexios de Virxe da Cerca”.

Xan Duro lembrou que co inicio do curso escolar intensifícase o tráfico rodado en toda a cidade, “e moi especialmente en todo o ámbito da Virxe da Cerca, onde se localizan varios centros educativos”. Este fluxo de vehículos aféctanlle ao parque de Belvís, “e son frecuentes as queixas pola presenza de coches mal aparcados, mesmo nos pasos de peóns e nas beirrarúas, especialmente na rúa que conecta as Trompas co Camiño da Ameixaga”, O concelleiro de Compostela Aberta incidiu en que o Concello mantén un convenio cos centros educativos desta zona, para que as familias poidan utilizar o aparcamento municipal xestionado por Tussa nas horas de entrada e saída do alumnado, “un acordo similar aos que existen con outros colexios, e que naceron co obxectivo de ordenar o tráfico, de evitar as aglomeracións, e de avanzar nunha cidade na que os coches non acaparen o espazo público no que as persoas deben ter o protagonismo”. Duro reclama que o Concello estea vixilante para evitar “o actual descontrol de vehículos mal estacionados, e se fora necesario revise os convenios cos colexios para garantir o seu correcto cumprimento”.

PODES CONSULTAR AQUÍ O ROGO DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA QUE O CONCELLO CONTROLE O ESTACIONAMENTO NAS ZONAS NON AUTORIZADAS NO PARQUE DE BELVÍS

Novas
relacionadas

Compostela Aberta e BNG reclámanlle á Xunta que actúe de maneira urxente na recuperación ambiental da canteira de Miramontes

Os dous grupos do Goberno levarán ao próximo Pleno unha moción conxunta para que a Corporación apoie as reivindicacións da Plataforma de Afectadas pola Canteira de Miramontes e FERUSA tras a sentenza que confirma un delito contra o medio ambiente no complexo da Grixoa

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo