Compostela Aberta pídelle á Xunta que paralice a creación dunha universidade privada en Galicia

O grupo municipal de CA levará ao Pleno unha moción para mostrar o apoio do Concello de Santiago á Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública  

Compostela Aberta levará ao Pleno ordinario deste mes unha moción na que insta á Xunta a paralizar o anteproxecto de Lei de recoñecemento da “Universidade Intecontinental de la Empresa”, a universidade privada impulsada polo banco venezolano Banesco, a través de AFundación.  O grupo municipal entende que “esa entidade privada sería nefasta para os intereses públicos , para o Sistema Universitario de Galicia, para a Universidade de Santiago e, xa que logo, para a nosa cidade na que a USC tén unha importancia trascendental”.

Na moción que se debaterá no Pleno, Compostela Aberta denuncia que “o anteproxecto de lei tramitado pola Xunta para permitir a creación da universidade privada é a culminación dun proceso progresivo de privatización do sistema público de ensino superior galego, e supón mercantilizar coa educación, un ben universal e un dereito imprescindible para construír unha sociedade democrática”. Nesa liña, o grupo municipal lembra o posicionamento expresado polos reitores das universidades de Santiago, A Coruña e Vigo nun comunicado conxunto, no que sinalaron que “non existe a necesidade de novas universidades en Galicia”, mostaron o seu convencemento de que “fronte á iniciativa privada, os esforzos dos cidadáns, a través dos seus impostos, deben ir encamiñados a fortalecer o actual sistema universitario público”, e expresaban a súa preocupación porque a competencia da universidade privada “sexa desigual, non se traballe coas mesmas condicións nin se establezan resultados comparables, xa que nesta situación se vería afectada a condición indispensable da igualdade de oportunidades”.

Educación pública pola igualdade de oportunidades

Compostela Aberta lembra, ademais, que “a educación é un ben universal de repercusión social, un dereito que é un piar imprescindible para construír unha sociedade democrática, máis xusta e igualitaria”. Para o grupo municipal de CA, aceptar unha universidade privada é aceptar a venda de títulos universitarios atendendo á capacidade económica e non aos méritos do alumnado, e polo tanto atenta contra a igualde de oportunidades.

A través da moción, Compostela Aberta quere que a Corporación Municipal de Santiago inste á Xunta de Galicia a paralizar e desbotar o proxecto de lei para o recoñecemento das universidades privadas, e mostre o apoio do Concello á Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública, que naceu o pasado mes de xaneiro para centralizar o rexeitamento contra a universidade privada de AFundación e convocar mobilizacións como as celebradas o pasado día 11 en todos os campus galegos.

PODES CONSULTAR AQUÍ A MOCIÓN DE COMPOSTELA ABERTA PARA O REXEITAMENTO DA CREACIÓN DUNHA UNIVERSIDADE PRIVADA EN GALICIA

Arquivado en:Universidade
Novas
relacionadas

Xan Duro: “A concelleira de Deportes dá cada semana unha nova mostra de que non está á altura do cargo”

Marta Lois: “Os cortes de tráfico polas últimas obras executadas en Mazarelos demostran que non hai problemas técnicos para a peonalización da praza”

A portavoz de Compostela Aberta urxe ao Goberno a cumprir os acordos plenarios e a escoitar as demandas da veciñanza e das Facultades de Filosofía e Xeografía e Historia

Marta Lois: “A prepotencia de Bugallo non pode ocultar unha pasividade que pón en risco o proxecto do biopolo da Sionlla”

Compostela Aberta, BNG e PP presentan unha proposición conxunta para reclamar unha comisión de seguemento que avalíe a presumible falta de dilixencia do Goberno na tramitación do proxecto

Marta Lois: “O alarmante incremento dos delitos sexuais obriga a impulsar, tamén desde o local, accións concretas e estendidas ao longo do ano”

A portavoz de CA pedirá no Pleno a posta en marcha de campañas de sensibilización e prevención, a activación da APP Alerta Lila, e melloras de sinalización e iluminación do espazo público, como vén demandando o colectivo Campus do Medo

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo