Compostela Aberta pídelle ao Goberno que peonalice a Praza de Mazarelos

O concelleiro Jorge Duarte defenderá no Pleno que a circulación se limite a residentes e mercancías e que se supriman as prazas de aparcamento

Compostela Aberta levará ao próximo Pleno unha proposición para instar ao Goberno local a peonalizar a praza de Mazarelos, “unha medida xa contemplada no Plan de Mobilidade vixente, e que vai na liña de recuperar o espazo urbano para as persoas, algo que se mostrou como indispensable nos últimos meses por mor da pandemia da Covid-19”. Así o explicou o concelleiro Jorge Duarte, que abogou porque a circulación neste ámbito se vexa limitada a residentes e mercancías, e porque se supriman as prazas de aparcamento da praza.

Jorge Duarte insistiu en que “a crise da Covid-19 evidenciou que é urxente apostar por un novo modelo urbano, que recupere o espazo para as persoas en detrimento do vehículo privado que agora o invade”. O concelleiro lembrou que “ao longo do pasado mandato déronse algúns pasos nesta dirección, coas peonalizacións da rúa de San Pedro ou da avenida de Xoán XXIII, medidas que foron obxecto de debate pero que demostraron ser beneficiosas para a convivencia”. O edil sinalou que “é preciso seguir recuperando o espazo peonil, e o seguinte espazo no que se debe actuar é a Praza de Mazarelos”

Tal e como lembrou o concelleiro, “a supresión do tráfico no contorno de Mazarelos está xa prevista no Plan de Mobilidade vixente, e poderíase implementar con certa facilidade porque a maioría dos vehículos que circulan pola praza fano unicamente procurando un espazo para aparcar”. Duarte sinalou que “neste punto da zona histórica, emblemático porque aquí se conserva unha das portas da antiga muralla da cidade, é moi complicada a convivencia entre peóns e vehículos, e chegou o momento de apostar definitivamente polos primeiros”.  Ademais, o edil de Compostela Aberta lembrou que “a peonalización, na que xa se empezara a traballar no pasado mandato, conta co apoio da veciñanza da cidade histórica”.

PODES CONSULTAR AQUÍ A PROPOSICIÓN DE COMPOSTELA ABERTA PARA A PEONALIZACIÓN DA PRAZA DE MAZARELOS

Novas
relacionadas

Moción conxunta para reclamarlle á Xunta que cumpra con Santiago e resolva o caos de tráfico e de falta de aparcadoiro no CHUS

María Rozas, Gonzalo Muíños e Míriam Louzao presentan unha iniciativa para que a Xunta asuma a súa competencia e realice o investimento necesario

María Rozas: “Os remanentes de 2022 son a última demostración de que Bugallo é un alcalde incapaz”

A portavoz de Compostela Aberta cualifica de “escandaloso que o Goberno peche o ano con 24 millóns de euros sen gastar e 14 millóns de gastos pendentes”

Marta Lois: “O Goberno non pode permitir que sigan pechados máis de 40 postos da Praza de Abastos”

Compostela Aberta propón a convocatoria dun concurso, acompañado dunha liña específica de axudas, para darlle un uso aos espazos desocupados do mercado, priorizando proxectos de economía social e que permitan a inserción laboral de persoas desempregadas de longa duración

María Rozas: “Bugallo cambiou un centro para persoas sen fogar por un edificio de despachos poñendo en risco un millón de euros de fondos europeos”

Compostela Aberta pedirá explicacións no Pleno sobre o modelo do Centro de Inclusión “do que a concelleira de Políticas Sociais non informou ás entidades sociais que traballan en Santiago”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo