Compostela Aberta pónse a disposición do Goberno para afrontar a situación xerada pola pandemia do coronavirus

Compostela Aberta pónse a disposición do Goberno local para afrontar a situación xerada pola pandemia do coronavirus, e para colaborar en todas as medidas que sexan precisas para atender esta crise sanitaria. Nesa liña, o grupo municipal mostrou a súa disposición a facilitar a modificación de partidas orzamentaria se o Executivo o considerara preciso neste contexto.

Martiño Noriega mostrarálle ao alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, o total respaldo de Compostela Aberta ás medidas que impulse o Goberno, na xunta de voceiros que está convocada para mañá venres. O portavoz de CA incidirá en que “diante desta nova situación, o Executivo pode agardar a actuación responsable do noso grupo municipal, que facilitará calquera decisión que implique modificacións orzamentarias, ben para adoptar medidas que contribúan a evitar a propagación do coronavirus, dentro das competencias municipais, ben para afrontar as consecuencias que se deriven da actual situación”.

Arquivado en:Martiño Noriega
Novas
relacionadas

María Rozas: “Compostela Aberta é o voto útil para quen queira políticas progresistas en Santiago” 

Compostela Aberta celebrou o seu acto central de campaña na Sala Capitol, no que a candidata estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega

María Rozas: “Compostela Aberta é o único garante de que Santiago non volva aos anos negros do PP nin se manteña no gris de Bugallo”

O exalcalde Martiño Noriega e boa parte da lista electoral participaron no acto de apertura de campaña de CA

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

CA completa unha lista “feminista, apegada aos barrios e o rural, e comprometida co activismo social e a defensa das traballadoras”

María Rozas presenta o segundo tramo da candidatura, que pechan a presidenta do comité de empresa de Zara na provincia da Coruña, Carminha Naveiro; a escritora e académica Marilar Aleixandre; e o exalcalde Martiño Noriega

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo