Compostela Aberta pregunta polas negociacións do Goberno coa Policía Local e as horas extras realizadas neste mandato

O grupo municipal demanda información sobre os proxectos que vén prometendo impulsar o concelleiro de Seguridade

Compostela Aberta ven de rexistrar unha pregunta para a súa resposta por escrito ao respecto das negociacións que o Goberno ten abertas coa Policía Local, segundo explicou o concelleiro de Seguridade en varios medios de comunicación nos últimos días. O edil Gonzalo Muíños ven indicando que existe un acordo sobre a realización de horas extras, e queda pendente de atender a demanda dun dos sindicatos con representación no corpo para que os sábados foran recoñecidos como xornadas festivas. 

Na pregunta rexistrada hoxe, Compostela Aberta demanda información sobre o acordo que segundo Gonzalo Muíños se acadou coa Policía Local ao respecto da realización de horas extras, un asunto que motivou as mobilizacións dun grupo de axentes no último tramo do pasado mandato. O grupo municipal quere coñecer os termos dese suposto acordo, e tamén se a Policía Local está a realizar horas extras na actualidade. Ademais, pregunta en que punto se atopan as negociacións ao respecto das outras reivindicacións que levaron á Policía Local a mobilizarse e cales son as solucións formuladas por parte do Goberno.

Promesas do Goberno 

O grupo municipal de CA tamén se refire na pregunta rexistrada hoxe aos anuncios que ven realizando o concelleiro de Seguridade sobre diversas liñas de actuación que implican á Policía Local. En concreto, nas últimas semanas o Goberno avanzou nos medios de comunicación que ten previsto incrementar a presenza policial para paliar o problema dos ruídos nocturnos e que porá en marcha a chamada Policía de Barrio. Compostela Aberta quere saber se se tén realizado algún estudo sobre os medios humanos precisos para desenvolver esas iniciativas, tendo en conta que a Policía Local dispón na actualidade de tan só 122 efectivos e é previsible que ao longo de 2021 o corpo quede tan só con 103 axentes, por mor das xubilacións.

PODES CONSULTAR AQUÍ A PREGUNTA REXISTRADA POLO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA

Arquivado en:gonzalo muíñossar
Novas
relacionadas

CA esíxelle a Bugallo que manteña o proxecto orixinal para a segunda fase da reurbanización de Castrón Douro

María Rozas e Jorge Duarte reuníronse coa veciñanza da zona, que non foi informada polo Goberno da súa intención de modificar o proxecto que quedara elaborado no pasado mandato

A Xunta responde ás alegacións de CA ao proxecto da senda ciclista do Milladoiro e asume o cambio de trazado no ámbito da Colexiata de Sar

María Rozas lamenta que o Goberno galego non asuma outras das demandas formuladas por Compostela Aberta “para que unha actuación na que se van investir 12 millóns de euros non acabe sendo un proxecto decepcionante”

CA reclama unha actuación de mellora integral nos Pexigos

María Rozas solicita a redacción dun proxecto de reurbanización e, a curto prazo, que o tráfico por estas rúas quede limitado a residentes

María Rozas: “Queremos que nos aclaren se están en risco fondos europeos para Obras, como recoñeceu Bugallo ao inicio da crise do seu Goberno”

Compostela Aberta levará ao Pleno desta semana a solicitude de comparecencia do novo concelleiro de Obras para que explique as súas prioridades á fronte do departamento e os prazos que manexa para a execución das actuacións pendentes

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo