CA pregunta polo estado de abandono dos quioscos da Alameda e a Praza de Vigo

Imaxe difundida por Onda Cero-Santiago nas súas RRSS
  • O Goberno adxudicou a explotación do equipamento da Alameda en decembro de 2021, pero o quiosco segue pechado e “dando unha imaxe lamentable”

Compostela Aberta vén de rexistrar unha pregunta para que o Goberno local explique a situación na que se atopan os quioscos da Alameda e da Praza de Vigo e dea conta das medidas inmediatas que vai adoptar para mellorar “o lamentable estado no que se atopan estes equipamentos, en especial o situado no parque máis emblemático de Santiago”. A portavoz municipal, Marta Lois, lamentou “o abandono deste quiosco, ao que se lle podería dar algún uso temporal, como xa se fixo durante o mandato de Compostela Aberta con iniciativas como a exposición vinculada ás Irmandades da Fala”.

A concelleira de CA lembrou que, en decembro de 2021, a Xunta de Goberno resolveu o procedemento para a concesión da explotación dos quioscos da Praza de Vigo e da Alameda. O primeiro deles foi declarado deserto, pero o segundo foi adxudicado a unha empresa que ofertara o pago dun canon de 4.00 euros anuais. Malia esta resolución, sinalou Marta Lois, “a día de hoxe o quiosco segue pechado, deteriorándose notablemente e dando moi mala imaxe”. Por este motivo, Compostela Aberta vén de preguntarlle ao Goberno cando se vai iniciar a explotación do quiosco da Alameda e en que condicións, cando prevé reiniciar a licitación da explotación do quiosco da Praza de Vigo e con que modificacións con respecto ao procedemento que quedou deserto, e que medidas inmediatas vai adoptar o Goberno para corrixir a lamentable imaxe que presentan ambos equipamentos.

Novas
relacionadas

Compostela Aberta e BNG reclámanlle á Xunta que actúe de maneira urxente na recuperación ambiental da canteira de Miramontes

Os dous grupos do Goberno levarán ao próximo Pleno unha moción conxunta para que a Corporación apoie as reivindicacións da Plataforma de Afectadas pola Canteira de Miramontes e FERUSA tras a sentenza que confirma un delito contra o medio ambiente no complexo da Grixoa

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo