Compostela Aberta pregúntalle ao Goberno pola caída do muro da Alameda, que Bugallo se comprometeu a revisar en campaña

O 2 de abril, o actual alcalde realizou unha vista ao Pombal na que sinalou como unha das súas prioridades revisar a seguridade do muro
  • Durante o pasado mandato, elaborouse un informe sobre o estado do talude e atendéronse todas as recomendacións dos técnicos municipais

Compostela Aberta vén de rexistrar unha pregunta para a súa resposta, por escrito, por parte do Goberno Local, en relación á caída do muro da Alameda que da á rúa do Pombal.  O grupo municipal quere saber se “pasados máis de cinco meses do inicio do mandato, o Goberno do PSOE realizou algún informe ou inspección sobre o talude, tal e como prometeu durante a campaña electoral o entón candidato Xosé Sánchez Bugallo”.

Na pregunta, Compostela Aberta explica que durante o pasado mandato realizouse un informe sobre o muro da Alameda, que concluía que os puntos de maior risco no talude correspondían a un tramo privado pertencente a diferentes persoas propietarias ás que se lle notificou para a limpeza e reparación. En canto ao tramo propiedade do Concello, o mesmo informe técnico recomendaba darlle traslado do expediente aos departamentos de Parques e Xardíns e ao de Proxectos e Obras para unha inspección, por se foran precisas máis labores que as de mantemento. Ambos departamentos concluíron que os riscos eran menores e só recomendaron manter a vixilancia sobre o talude. 

Promesa electoral de Bugallo

O grupo municipal tamén pón o acento en que o pasado 2 de abril, sendo aínda candidato á alcaldía polo PSdG, Xosé Sánchez Bugallo realizou unha visita ao Pombal na que estivo acompañado polos agora concelleiros Gonzalo Muíños e Javier Fernández. Nesa visita, o actual alcalde comprometeuse a avaliar o nivel de seguridade do muro da Alameda para actuar no caso de que houbera risco de desprendemento. Esas declaracións foron recollidas pola prensa da cidade, pero tamén pola conta oficial en Twitter do PSdeG de Santiago.

Época de fortes chuvias

A maiores, a comezos deste mes e despois da caída da pola dunha árbore na carballeira de San Lourenzo, o Goberno anunciaba a revisión do estado das árbores da carballeira de Santa Susana, á vista do mal tempo e das chuvias intensas. Naquel momento, o propio alcalde recoñecía que a chuvia fora a causante do suceso de San Lourenzo, porque a árbore estaba en perfectas condicións.

Tendo en conta que Santiago está a vivir o outono máis chuvioso dos últimos anos, con 26 xornadas de precipitacións seguidas e 42 desde outubro, Compostela Aberta pregúntalle ao Goberno se ten encargado algún informe ou inspección sobre o muro da Alameda, e se ten previstas outras medidas de mantemento ou inspección ante posibles situacións de risco. Tamén demanda información sobre as conclusións da revisión da Carballeira de Santa Susana anunciada a comezos de mes.

PODES CONSULTAR AQUÍ A PREGUNTA PRESENTADA POR COMPOSTELA ABERTA SOBRE O MURO DA ALAMEDA

Novas
relacionadas
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

María Rozas: “Queremos que nos aclaren se están en risco fondos europeos para Obras, como recoñeceu Bugallo ao inicio da crise do seu Goberno”

Compostela Aberta levará ao Pleno desta semana a solicitude de comparecencia do novo concelleiro de Obras para que explique as súas prioridades á fronte do departamento e os prazos que manexa para a execución das actuacións pendentes

Compostela Aberta volve reclamarlle ao Goberno que atenda as reclamacións do persoal dos Centros Socioculturais

Compostela Aberta propón a creación duns Bonos Corazón específicos para o barrio de San Pedro

Marta Lois urxe ao Goberno a “compensar ao tecido comercial e hostaleiro que sufre as consecuencias da pésima xestión das obras de Concheiros”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo