• María Rozas insta ao concelleiro de Educación a “non repetir os erros de Semana Santa, cando cancelou a actividade, ou de Nadal, cando impuxo uns prezos inasumibles para as familias”

 Compostela Aberta preguntará no próximo Pleno polo programa municipal de conciliación de verán, para coñecer se tén previsto o seu desenvolvemento ou se acontecerá como na pasada Semana Santa, cando o Goberno optou pola supresión dunha actividade moi necesaria para as familias. A concelleira María Rozas lembra que estamos a escasos días de que deberan abrirse os prazos de inscrición no programa, seguindo os calendarios de anos anteriores, “e unha vez máis nada sabemos sobre os plans da concellería de Educación ao respecto”.

Tal e como lembrou María Rozas, o habitual é que os prazos de inscrición para participar no programa  municipal de conciliación de verán se desenvolva na segunda quincena do mes de maio, “pero para iso previamente tén que estar aprobado o programa, polo que outra vez parece que o Goberno vai cos prazos xustos, se é que tén vontade de manter esta actividade, na que habitualmente participaban en torno a 250 nenos e nenas de Santiago”. A concelleira de Compostela Aberta sinalou que “este modus operandi da concellería de Educación obriga ás familias a procurar alternativas, porque moitas nais e pais non poden agardar ao último momeno para saber con quen e onde van deixar ás súas crianzas cando elas están de vacacións escolars e os proxenitores teñen que seguir traballando”.

María Rozas instou ao Goberno a “non repetir o acontecido na Semana Santa, cando o de Santiago foi un dos poucos concellos da nosa contorno que non ofertou un programa municipal de conciliación, que sí houbo noutros municipios como Ames, Teo ou Ordes”. Tamén reclamou que, no caso de planificar o servizo, “manteña uns prezos similares aos previos á pandemia da Covid-19, e non volva establecer as tarifas que impuxo no programa de conciliación de Nadal, completamente inasumibles para a maioría das familias, que multiplicaban as doutros concellos, e que mesmo estaban por riba dos prezos de actividades similares ofertadas por empresas privadas”

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa a navegar, está dando o seu consentimento na aceptación das devanditas cookies e a nosa política de cookies,Para máis información, faga click no enlace. ACEPTAR

Aviso de cookies