Compostela Aberta presenta a chave 7 – Acadar a sustentabilidade para asegurar o porvir

Xan Duro: “Apostamos pola compostaxe para o tratamento de resíduos"

  • Martiño Noriega: “Compostela Aberta vese como un lugar de encontro para a esquerda social non partidista, como foron no seu momento o Nunca Máis ou o propio 15­M”
  • Compostela Aberta presenta o seu modelo de sustentabilidade social, ambiental e económica.
  • Compostela Aberta aposta pola economía social e cooperativa das empresas como complemento ao desenvolvemento social

Santiago, 15.maio.2015.­ Os candidatos de Compostela Aberta, Xan Duro e Martiño Noriega, presentaron este venres quince de maio a chave número sete dos seus trece eixos programáticos para o Concello de Santiago. Esta sétima chave é a que tratá os temas relativos á política de sustentabilidade social, ambiental e económica.
Antes da presentación, tanto Duro como Noriega fixeron un recordatorio no cuarto aniversario do 15­M. Noriega destacou a vocación de movementos como foi o Nunca Máis ou o propio 15­M, como expresións da esquerda social e non partidista. Por iso mesmo Compostela Aberta vese como un lugar de encontro para todos estes movementos.

Acadar a sustentabilidade para asegurar o porvir

Pola súa parte, Xan Duro, número cinco da candidatura de unidade popular, debullou o que sería o programa de Compostela Aberta para a sustentabilidade social, ambiental e económica. Para Duro o modelo económico actual nos países occidentais non é sustentábel. Para acadar unha melloría neste punto, o Concello como institución pode crear políticas de transversalidade en economía, medio ambiente e sociedade.
É importante dotar á cidadanía de ferramentas para afrontar o cambio postpetróleo. É necesario unha mudanza de paradigma pasando á potenciación do local mediante un proceso de aprendizaxe colectivo para aproveitar recursos e a mellora ambiental e social. A redución no volume de tráfico en áreas da cidade como as prazas de Vigo ou de Galicia, implementar o desenvolvemento das zonas peonís e o aproveitamento dos antigos camiños que unían os barrios, como os camiños do Sar e Sarela.
Compostela Aberta aposta polo desenvolvemento do I+D+i, reducindo o impacto ambiental e apostando pola economía social e cooperativa das empresas como complemento ao desenvolvemento social. Xan Duro apunto que o tratamento de residuos de Sogama está desbordado, reciclando só un 7% dos residuos e queimando a metade. O modelo polo que Compostela Aberta aposta é o de compostaxe, pero tratado desde unha perspectiva comarcal. Tamén é necesario un sistema de recollida de lixo acaído para cada zona, barrio ou rúa.
Por outra parte, baseándose no estudo de 2014 do Consello de Contas estatal, a xestión pública abarata a xestión dos recursos municipais. Así, Duro considera necesaria a remunicipalización do servizo de recollida de lixo e de augas. Neste punto, marcou a falta dunha nova depuradora, un proxecto xa programado hai catro anos que por falta de concreción perdeu axudas europeas. O obxectivo que busca Compostela Aberta é a depuración no 100% das augas. Finalmente, Duro considera necesario que Santiago estea dentro dos parámetros de saúde da Organización Mundial da Saúde para a medición da calidade do aire.

Novas
relacionadas

María Rozas: “Compostela Aberta é o voto útil para quen queira políticas progresistas en Santiago” 

Compostela Aberta celebrou o seu acto central de campaña na Sala Capitol, no que a candidata estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega

María Rozas: “Compostela Aberta é o único garante de que Santiago non volva aos anos negros do PP nin se manteña no gris de Bugallo”

O exalcalde Martiño Noriega e boa parte da lista electoral participaron no acto de apertura de campaña de CA

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

CA completa unha lista “feminista, apegada aos barrios e o rural, e comprometida co activismo social e a defensa das traballadoras”

María Rozas presenta o segundo tramo da candidatura, que pechan a presidenta do comité de empresa de Zara na provincia da Coruña, Carminha Naveiro; a escritora e académica Marilar Aleixandre; e o exalcalde Martiño Noriega

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo