Compostela Aberta presenta as ’13 chaves para a maoría’ coas que explicará o seu programa

  • Martiño Noriega: “Durante a campaña eleitoral Compostela Aberta explicará o seu programa de goberno a través de trece eixos ou liñas estratéxicas ao redor das que daremos a coñecer as nosas propostas para gobernar Santiago”
  • Miguel Penas: “Cada día de campaña detallaremos cada unha das chaves, coas que queremos abrir o concello a partir do 24 de maio”

Santiago, 6 de maio, 2015.- “Durante a campaña eleitoral Compostela Aberta explicará o seu programa de goberno a través de ’13 Chaves para a maioría’, ou o que é o mesmo, trece eixos ou liñas estratéxicas ao redor das que daremos a coñecer as nosas propostas para gobernar Santiago” así o explicou esta mañá Martiño Noriega, candidato á alcaldía, acompañado de Miguel Penas, candidato número 13 e responsábel de comunicación de campaña. Noriega indicou tamén que “xogamos co número 13 porque non somos supersticiosos e, neste caso, porque queremos dar a ver como sería un goberno de Compostela Aberta, se dispuxesemos da maioría suficiente para gobernar para a maioría social”.
O candidato á alcaldía mostrou tamén a súa “sorpresa relativa” pola “habilidade que está a ter o PP para case calcar as propostas programáticas que vamos facendo públicas desde Compostela Aberta”. “Estamos diante dous modelos ben diferentes, ademais, mentras que nós temos ideas propias e equipa, Agustín Hernández aparece el só, sen equipa, e sen capacidade de construir un relato novo para Santiago” declarou Noriega, “e fronte a soidade de Agustín nós presentamos unha equipa solvente e con profesionais de diferentes perfís e preparados para traballar para a maioría social”.
13 chaves para a maioría
Miguel Penas describiu as ‘chaves’ como “unha ferramenta comunicativa, todos os apartados do programa estarán representados nalgunha das destas chaves”. “Cada día de campaña detallaremos cada unha das chaves, coas que queremos abrir o concello a partir do 24 de maio” explicou Penas. A seguir detallou o nome e o título de cada unha das chaves:
CHAVE  1. ABRIR O CONCELLO PARA RESCATAR O BENCOMÚN
Auditoría pública do Concello, procesos de desprivatizacións, limitación de mandatos, xestión pública de todos os servizos…

CHAVE  2. PARTICIPAR PARA DECIDIR

Fortalecer a vida asociativa de Santiago, habilitar canais de participación e tamén com capacidade de decisión, corresponsabilizarse,…

CHAVE  3. DESENVOLVER TODOS OS SERVIZOS PARA TODAS AS PERSOAS

O Concello, como servizo público e como institución máis achegada a vida cotiá promoverá e garantirá políticas de integración e normalización dos dereitos de todas as persoas: Plan de choque contra da pobreza, a desigualdade e a exclusión. Renda Básica Municipal.

CHAVE 4. ESTABLECER UNHA FISCALIDADE XUSTA PARA UNHAS FINANZAS TRANSPARENTES

Política fiscal progresiva que cree as condicións para unha redistribución efectiva da riqueza, atendendo aos principios de equidade, suficiencia e progresividade, e que forneza ao Concello dos recursos necesarios para atender as súas competencias e as necesidades sociais crecentes.
CHAVE 5. ALCANZAR A SOBERANÍA CULTURAL PARA ACTIVAR A SOCIEDADE
Dar poder culturalmente a sociedade, devolvendo a soberanía cultural as veciñas e os veciños, poñendo a disposición da cidadanía todos os recursos culturais de Compostela, formando cidadáns capaces de xestionalos directamente desde a participación e a responsabilidade.
CHAVE  6. EDUCAR CON CALIDADE PARA TERMOS FUTURO
Incrementaremos os orzamentos municipais en materia educativa, de maneira progresiva e sostible, porque para nós a educación é a mellor inversión. Conservaremos e melloraremos os equipamentos escolares e deportivos de maneira áxil e non burocratizada e abriremos os centros escolares fora do horario lectivo para uso público en materia formativa, cultural, artística, musical…
CHAVE  7. ACADAR A SUSTENTABILIDADE PARA ASEGURAR O PORVIR
Sustentabilidade económica, social e medioambiental. Tomar consciencia do esgotamento do modelo de crecemento económico capitalista actual, baseado no consumo de enerxías fósiles. Aposta polo aforro e a eficiencia enerxética, a mobilidade sostible, a economía circular (coa reciclaxe e a reutilización no centro), os ciclos curtos de consumo e a independencia/soberanía agroalimentaria sustentada na produción local e ecolóxica.
CHAVE  8. CONQUISTAR A IGUALDADE PARA VIVIR MELLOR
Incorporación plena das mulleres ao mercado laboral. Valorar o traballo invisible non remunerado das mulleres e corresponsabilizar á cidadanía nesas tarefas que son imprescindibles para o funcionamento da sociedade.
CHAVE  9. ACTIVAR OS RECURSOS PARA UNHA ECONOMÍA SOLIDARIA
Aprobaremos un Plan negociado cos axentes sociais, de incentivos á creación de emprego, especialmente, para a mocidade, mulleres e parados de longa duración. Incorporación plena das mulleres ao mercado laboral. Colaborando con institucións e empresas para crear e consolidar emprego con valor engadido.
CHAVE  10. MANTER A VITALIDADE PARA LOGRAR A CONVIVENCIA
Desenvolver o turismo da cidade dende unha perspectiva de oportunidade para persoas emprendedoras e traballadoras, que xere emprego estable e mellore a calidade de vida da poboación local e permita a “convivencia entre anfitrións e visitantes”. Manter os usos residenciais na cidade histórica para manter unha cidade viva.
CHAVE  11. CREAR NOVAS CENTRALIDADES PARA VERTEBRAR O TERRITORIO
Compostela é algo mais que unha cidade, é un territorio cunha rede de barrios e núcleos rurais que aportan dinamismo da cidade. Temos que repensar Santiago, cumpre establecer novas centralidades que dinamicen a cidade e axuden a mellorar a calidade de vida nos barrios e parroquias. Temos que garantir a mobilidade e os servizos e dotacións no territorio que rodea a cidade.
CHAVE 12. DESEÑAR UN NOVO MODELO PARA UNHA GRAN CAPITAL
Un novo modelo económico para a Gran Compostela. Un modelo que tire proveito das fortalezas da cidade -capitalidade, proxección internacional, Universidade, cultura e patrimonio, sustentabilidade- para reconducir un modelo económico que partindo do local, do próximo, do territorio, xere emprego e mellore a calidade de vida de toda a cidadanía.
CHAVE 13. SER GALEGA PARA SER UNIVERSAL
Só entendendo Compostela como cerne da galeguidade podemos entroncar a nosa cidade nun mundo, para ben e para mal, cada vez máis global. A língua galega, o noso patrimonio, o que temos máis perto, o local, deben ser os alicerces sobre os que asentar a ubicación de Compostela no mundo…
 

Novas
relacionadas

María Rozas: “Compostela Aberta é o voto útil para quen queira políticas progresistas en Santiago” 

Compostela Aberta celebrou o seu acto central de campaña na Sala Capitol, no que a candidata estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega

María Rozas: “Compostela Aberta é o único garante de que Santiago non volva aos anos negros do PP nin se manteña no gris de Bugallo”

O exalcalde Martiño Noriega e boa parte da lista electoral participaron no acto de apertura de campaña de CA

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

CA completa unha lista “feminista, apegada aos barrios e o rural, e comprometida co activismo social e a defensa das traballadoras”

María Rozas presenta o segundo tramo da candidatura, que pechan a presidenta do comité de empresa de Zara na provincia da Coruña, Carminha Naveiro; a escritora e académica Marilar Aleixandre; e o exalcalde Martiño Noriega

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo