Compostela Aberta presenta emendas á ordenanza de Circulación para facilitar o uso da bicicleta

O grupo municipal de CA xa fixera achegas ao borrador do proxecto, “pero o texto definitivo que presenta o Goberno segue sendo insatisfactorio para as persoas ciclousuarias”

Compostela Aberta vén de rexistrar unha serie de emendas á nova Ordenanza de Circulación e Uso da Vía Pública que se debaterá no Pleno de mañá, “co fin de facilitar e impulsar a mobilidade ciclista, desde o convencemento de que esa debera ser un dos obxectivos da nova normativa”. Xan Duro explicou que as propostas “nacen do diálogo que o grupo municipal de CA mantivo con entidades representativas da cidade, e súmanse ás suxestións que xa realizamos cando a ordenanza estaba en fase de borrador, moitas das cales foron incorporadas ao texto definitivo”.

O concelleiro de Compostela Aberta sinalou que as emendas rexistradas hoxe mesmo “procuran corrixir incongruencias que presentaba o texto da ordenanza, que xeraban confusión en relación ás normativas estatais de circulación”. Tamén salientou que se fan achegas para “equilibrar o apartado de infraccións e sancións, porque na proposta do Goberno obsérvase certa tendencia a relacionar o uso da bicicleta con actitudes vandálicas que é preciso evitar”. Xan Duro incidiu en que as emendas “xorden das conversas que o grupo municipal de CA vén mantendo con ciclousuarios e colectivos representativos como Composcleta, cos que o Goberno, incomprensiblemente, evitou o diálogo desde o comezo dos traballos de revisión da Ordenanza de Circulación”.

Emendas concretas e facilmente asumibles

Compostela Aberta presentou oito emendas “que tocan cuestións moi concretas da ordenanza, e que entendemos que son facilmente asumibles polo Goberno para a súa incorporación no texto definitivo que se someterá mañá a debate plenario”.

Unha das cuestións que CA quere corrixir a través das emendas tén que ver co estacionamento das bicicletas, “un apartado da ordenanza que vén sendo criticado desde que se coñeceu o primeiro borrador, e que o Goberno aínda non conseguiu axustar de xeito satisfactorio”. No texto que irá ao Pleno, o Goberno propón que as bicicletas estacionadas teñan que deixar libre en todos os casos un espazo de tres metros, espazo que Compostela Aberta propón reducir a 1,20 metros, “porque eses son os parámetros establecidos nas directrices de accesibilidade, e é a distancia que se fixa para outras ocupacións de vía pública, por exemplo coas terrazas”.

Ademais, a través das emendas preténdese incorporar a bicicleta á lista de vehículos que non están afectadas polas limitacións de circulación e parada nas zonas peonís; e recoñécese a posibilidade de que as bicicletas poidan circular en grupo formando unha columna de dous cando as circunstancias de tráfico e visibilidade o permitan, para axustar o establecido na ordenanza á normativa da DGT. Tamén co obxectivo de axustar a normativa municipal á estatal no que tén que ver cos remolques das bicicletas, CA propón que se recolla a posibilidade de transportar neles animais, e tamén pide que se modifique o artigo que sinala que nas cadeiras adaptadas ás bicicletas só se pode transportar unha persoa de ata sete anos “posto que existen modelos de remolque e bicicletas cargo homologados cos que se poden levar dúas ou tres crianzas”.

En canto ás prohibicións, Compostela Aberta cuestiona a redación da ordenanza proposta polo Goberno “porque enumera pormenorizadamente unha serie de cuestións deitando a sospeita de certo vandalismo entre as persoas usuarioas da bicicleta, algo que non acontece con outros vehículos”. Nesa liña, CA tamén propón que no canto da enumeración das infracións previstas polo Goberno, a ordenanza sinale que “axustará o réxime sancionador e infraccións ao tipificado na Lei de Tráfico e Seguridade Viaria, no Regulamento de Circulación e demais normativa aplicable”.

PODES CONSULTAR AQUÍ AS EMENDAS PRESENTADAS POR COMPOSTELA ABERTA Á ORDENANZA DE CIRCULACIÓN

Arquivado en:Plenoxan duro
Novas
relacionadas

“Nos primeiros cen días de Goberno atendimos urxencias como a dos autobuses, recuperamos o diálogo social, e reconducimos o proxecto do Centro de Persoas sen Fogar” 

O Goberno mantivo un encontro cos medios de comunicación para facer balace dos cen primeiros días de mandato

María Rozas: “Asinamos un bo acordo para Santiago, que atende ao que nos pediu a veciñanza: un goberno de esquerdas e plural”

Compostela Aberta e BNG asinaron as bases do acordo de goberno transformador para Santiago durante o mandato 2023-2027

Compostela Aberta pídelle ao Goberno que medie no conflito do lixo

María Rozas e Xan Duro reuníronse esta tarde co Comité de empresa de Urbaser “que leva meses advertido do incumprimento dos seus dereitos, ante a inacción de Bugallo”

María Rozas: “No próximo mandato hai que tomar decisións sobre a auga, e CA non renuncia á xestión directa nin permitirá que gobernen as concesionarias”

A candidata de CA á alcaldía e o número 2, Xan Duro, insisten en que “hai que continuar o camiño iniciado no pasado mandato, porque hai datos que avalan que a xestión directa é o mellor modelo para os intereses da veciñanza”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo