PLENO MUNICIPAL

Compostela Aberta propón a creación dunha Oficina Municipal de Asesoramento do Clima e a Enerxía

Xan Duro insta a que o Goberno estude a creación dunha empresa pública municipal comercializadora de electricidade

Compostela Aberta reclámalle ao Goberno local que cree unha Oficina Municipal do Clima e a Enerxía para asesorar á veciñanza, que abra unha liña de axudas específicas para a creación de proxectos enerxéticos de ámbito local, e que estude a creación dunha empresa pública municipal comercializadora de electricidade, con garantía de procedencia renovable. Así se recolle nunha moción que Xan Duro defenderá no próximo Pleno.

Xan Duro explicou que “cada vez existe unha maior sensibilidade ambiental, e unha maior conciencia social sobre a necesidade de impulsar accións fronte ao cambio climático”. O concelleiro de Compostela Aberta incidiu no papel que deben xogar as administracións públicas, “que teñen que comprometerse coa utilización das enerxías renovables e coa contención do consumo enerxético, ainda máis no actual contexto mundial de incremento e incerteza sobre os custos económicos da enerxía”.

Asesoramento á veciñanza

Tamén neste contexto, Xan Duro incidiu na necesidade de que as administracións “ofrezan o máximo asesoramento á veciñanza, algo que o Concello pode facer a través dunha Oficina Municipal do Clima e a Enerxía, que informe sobre tarifas, descontos, potencia contratada ou sobre medidas de aforro”. Ademais, esa oficina debería avaliar a modificación da subministración eléctrica nas dependencias municipais “apostando por contratar con cooperativas enerxéticas sociais e verdes”.

O concelleiro Xan Duro

Na moción que defenderá no Pleno, Compostela Aberta tamén propón a creación dunha empresa pública municipal comercializadora de electricidade, con garantía de procedencia renovable con participación público-comunitaria ou dalgunha cooperativa enerxética que xa opere en Galicia. Xan Duro explicou que o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia aprobado polo Goberno do Estado “contempla a posibilidade de crear comunidades enerxéticas locais e a participación social na transición enerxética, e apunta ao desenvolvemento de proxectos tanto de asesoramento como de produción”. Nesa liña, o concelleiro de Compostela Aberta incidiu en que “o Goberno español debe afrontar un reto de crear unha gran empresa enerxética pública, pero ata que iso aconteza as comunidades enerxéticas locais son un instrumento que debe ser utilizado”.

Por último, na moción Compostela Aberta reclama unha liña de axudas económicas específica para a creación de proxectos enerxéticos de ámbito local, e reclama que se analice a viabilidade das parcelas municipais para emprender proxectos propios de xeración renovable local integral ou para ofrecerllas a colectivos sen ánimo de lucro que queiran impulsar este tipo de proxectos.

Documentación
relacionada
MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA A CREACIÓN DUNHA OFICINA MUNICIPAL DA ENERXÍA, QUE PROMOCIONE AS COMUNIDADES ENERXÉTICAS LOCAIS E OUTRAS MEDIDAS DE ÍNDOLE ENERXÉTICO EN SANTIAGO
Novas
relacionadas

“Nos primeiros cen días de Goberno atendimos urxencias como a dos autobuses, recuperamos o diálogo social, e reconducimos o proxecto do Centro de Persoas sen Fogar” 

O Goberno mantivo un encontro cos medios de comunicación para facer balace dos cen primeiros días de mandato

María Rozas: “Asinamos un bo acordo para Santiago, que atende ao que nos pediu a veciñanza: un goberno de esquerdas e plural”

Compostela Aberta e BNG asinaron as bases do acordo de goberno transformador para Santiago durante o mandato 2023-2027

Compostela Aberta pídelle ao Goberno que medie no conflito do lixo

María Rozas e Xan Duro reuníronse esta tarde co Comité de empresa de Urbaser “que leva meses advertido do incumprimento dos seus dereitos, ante a inacción de Bugallo”

María Rozas: “No próximo mandato hai que tomar decisións sobre a auga, e CA non renuncia á xestión directa nin permitirá que gobernen as concesionarias”

A candidata de CA á alcaldía e o número 2, Xan Duro, insisten en que “hai que continuar o camiño iniciado no pasado mandato, porque hai datos que avalan que a xestión directa é o mellor modelo para os intereses da veciñanza”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo