Compostela Aberta propón destinar 3,5 millóns de euros dos remanentes ás axudas directas para a hostalería e o comercio

O grupo municipal de CA reclámalle a Bugallo que “reoriente as súas prioridades, que neste ano de pandemia non teñen que ser as obras”

 Compostela Aberta vén de trasladarlle ao Goberno a súa proposta para o reparto dos remanentes municipais de 2020, “que se basea en atender o que tén que ser prioritario: estar ao carón dos sectores máis damnificados pola pandemia da Covid-19”. Por ese motivo, a voceira municipal de CA pídelle a Bugallo “que destine 3,5 millóns de euros dos remanentes ás axudas directas á hostalería e o comercio, fronte aos 2 millóns de euros que reservaba o PSOE na súa proposta inicial”. O 1,5 millóns de euros restantes serían para investimentos, “que tamén se deben afrontar desde unha perspectiva máis social, sen pensar no cemento polo cemento”.

Marta Lois lembra que a proposta inicial do Goberno é a de destinar dous millóns de euros dos remanentes a axudas, e outros tres millóns a investimentos. Para a portavoz de Compostela Aberta “é preciso invertir esa orde de prioridades, porque ninguén entendería que ese diñeiro non puxera as persoas e os sectores máis necesitados no centro”. Así, Compostela Aberta propón que 3,5 millóns de euros dos remanentes sexan para as axudas directas, “en convocatorias que teñan en conta as achegas dos propios sectores, porque son os colectivos que os representan quen mellor coñece as súas necesidades”. Marta Lois invitou ao alcalde “a aceptar canto antes esta proposta, que lle garante o voto favorable de CA e polo tanto a viabilización dos remanentes, de xeito que non tería escusas para seguir adiando a convocatoria das novas axudas directas”. Ademais, a portavoz de CA sinalou que “á marxe dos remanentes, o Goberno debe procurar fórmulas para incrementar as axudas ao sector da cultura, atendendo ás súas especificidades”.

En canto aos investimentos a realizar con cargo aos remanentes, Marta Lois incidiu en que “é preciso abordar as obras tamén desde unha perspectiva social e atendendo ás novas necesidades xurdidas da pandemia, apostando pola recuperación e creación de espazo nos que se fomenten os hábitos de vida saúdable”. Nesa liña, a portavoz de CA lembrou que “o Goberno tén sen atender vellas demandas veciñais, que tamén tiña comprometidas con Compostela Aberta, como son a reparación da cuberta do pavillón Quiroga Palacios, ou o acondicionamento de parques infantís, e que poderían ser solventados con cargo aos remanentes de 2020”.

Novas
relacionadas

María Rozas asina o acordo entre o Foro Cívico e as forzas políticas municipais para atender os retos de Santiago  

A candidata de Compostela Aberta cualifica de “moi positivo que se poña o foco sobre cuestións que van alén das grandes infraestruturas, e das que CA leva falando xa moitos anos como a gobernanza o turismo”

Compostela Aberta é a única formación que tén publicado e accesible o seu programa electoral

María Rozas aféalle a PSOE, PP e BNG que leven días “falando de propostas duns programas que non se sabe onde están nin que compromisos firmes incorporan”

Yolanda Díaz arroupa a Compostela Aberta no día grande da Ascensión

A vicepresidenta pediu o apoio para María Rozas nas eleccións do próximo día 28 “porque é a mostra dunha maneira de facer política en maiúsculas”

CA creará unha carteira pública de locais comerciais baleiros que serán postos en alugueiro a prezos taxados para comercio de interese municipal

María Rozas e Marta Lois presentaron as propostas de Compostela Aberta en materia de economía, emprego, industria e comercio

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo