Compostela Aberta pide que a Granell substitúa á Zona C como espazo de mostra da convocatoria de apoio á creación de artes visuais

  • Branca Novoneyra insta ao Goberno a impulsar antes de que remate o ano unha nova convocatoria do programa, “avaliada polos profesionais do sector”
  • A concelleira reclama a publicación dun catálogo “que sirva de memoria do traballo feito na Zona C, que pechará as súas portas pola ampliación do Museo do Pobo Galego”

O Grupo Municipal de Compostela Aberta levará ao próximo Pleno da Corporación unha proposición na que insta ao Goberno local a impulsar e publicar neste ano 2019 unha terceira convocatoria de proxectos de apoio á creación de artes visuais. A concelleira Branca Novoneyra deu conta da proposta, na que se suxire que esa convocatoria “se realice en colaboración coa Fundación Granell para que a súa sede sirva de espazo alternativo para a exhibición dos proxectos, ante o inminente peche da Zona C de Bonaval”. A edila tamén reclamou que se elabore “un catálogo en papel que sirva como memoria do traballo feito neste espazo ao redor das artes visuais desde a súa inauguración”.

Espazo para a arte emerxente

Branca Novoneyra lembrou que a Zona C “foi inaugurada no ano de 2007, e ao longo do pasado mandato consolidouse como espazo para a arte máis emerxente, grazas á convocatoria de apoio á creación en artes visuais, nas modalidades de Proxectos de intervención artística, Proxectos de comisariado, e Comunicación gráfica”. As propostas seleccionadas ao abeiro desta convocatoria foron as que encheron de programación o local nos últimos anos, con intervencións de artistas recoñecidos como Neves Seara, Jacobo Bugarín, Carlos Alba ou Marta Bran, así como de diferentes colectivos artísticos. Agora, explicou a concelleira de Compostela Aberta, “a ampliación do Museo do Pobo Galego obrigará a pechar a Zona C, e será preciso buscar un novo referente para a exhibición da arte contemporánea galega en Santiago, e máis en concreto da arte visual”. Nesa liña, a edila instou ao Goberno de Sánchez Bugallo a manter a convocatoria aberta de apoio á creación en artes visuais “que foi avaliada por profesionais do sector desde o seu nacemento, e celebrada como exemplo de boas prácticas seguindo a liña fixada no Código de Boas Prácticas proposto pola Mesa Sectorial del Arte Contemporáneo”. Para darlle continuidade a esa convocatoria aberta, Branca Novoneyra propuxo “viabilizala a través doutra entidade que poida servir de contedor para os proxectos seleccionados como a Fundación Granell, xa que o Concello forma parte do seu Padroado e lle fai unha achega anual de 130.000 euros”. A edila sinalou que “a terceira convocatoria de apoio á creación en artes visuais ben podería estar contemplada no convenio anual que o Concello asinará coa Fundación Granell en 2020”.

Ademais, Novoneyra reclamou que se elabore unha publicación en papel “que mostre o traballo colectivo feito desde a inauguración da Zona C, un lugar que posúe unha memoria valiosa para a historia última da arte galega e polo que pasaron numerosos artistas e persoas comisarias”.

Novas
relacionadas

O Pleno de Santiago debaterá unha moción conxunta de CA e BNG para rexeitar o proxecto de Altri

Os dous grupos do Goberno solicítanlle á Xunta que emita un informe negativo a ese proxecto industrial contaminante pola súa afectación ambiental, patrimonial e económica

COMUNICADO DE COMPOSTELA ABERTA DIANTE DA CONMEMORACIÓN DO 8M, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Como cada 8 de marzo, Compostela Aberta súmase ás reivindicacións polo Día Internacional das Mulleres e fai un chamamento á cidadanía a participar nas mobilizacións convocadas para reclamar unha igualdade real entre homes e mulleres, defender o dereito das mulleres a vivir unha vida libre e segura, e denunciar a discriminación que perdura, malia os avances nas últimas décadas.

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo