Compostela Aberta propón un programa especial de artes de rúa na Alameda para as festas do Apóstolo

A concelleira Branca Novoneyra pide que o Goberno colabore cos artistas de rúa no deseño da programación, e organice o acto de recoñecemento ao colectivo

O grupo municipal de Compostela Aberta pídelle ao Goberno local que deseñe unha programación especial para poñer en valor a arte de rúa durante a segunda quincena do mes de xullo, coincidindo coas festas do Apóstolo. Así se recolle nunha moción que a concelleira Branca Novoneyra defenderá no Pleno da próxima semana, na que propón a Alameda como escenario principal desas actuacións.

Branca Novoneyra lembrou que “a arte de rúa é parte da identidade de Santiago, e o colectivo de artistas precisa, despois da situación vivida nos últimos meses, retomar con forza a súa actividade”. Por iso, a concelleira insta ao Goberno a “colaborar cos propios artistas de rúa no deseño dunha programación que contemple espectáculos de circo, danza e outras artes, e que se poida desenvolver na segunda quincena de xullo, coincidindo coas festas do Apóstolo”. A edil de Compostela Aberta propón que esa programación se desenvolva na Alameda, “un escenario tradicional das festas, emprazamento das orquestras e das atraccións que, por mor da pandemia da Covid-19, non poderán desenvolverse nas condicións de anos anteriores”. Novoneyra tamén instou ao Goberno a organizar un acto de recoñecemento ao labor continuado dos colectivos de artistas de rúa, durante esta programación especial do Apóstolo.

A concelleira lembrou que, no pasado mes de febreiro, o Pleno aprobou unha moción conxunta de todos os grupos, en substitución dunha moción presentada por Compostela Aberta, para planificar estratéxicamente as artes de rúa no Xacobeo 2021. Branca Novoneyra expresou o seu desexo de que “o Goberno teña en conta a unanimidade mostrada pola Corporación en torno á necesidade de poñer en valor as artes de rúa, e sexa proactivo á hora de planificar unha programación específica para as festas”

PODES CONSULTAR AQUÍ A MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA INICIAR O COMEZO DA PLANIFICACIÓN DAS ARTES DE RÚA DURANTE AS PRÓXIMAS FESTAS DO APÓSTOLO

Novas
relacionadas

María Rozas: “Os remanentes de 2022 son a última demostración de que Bugallo é un alcalde incapaz”

A portavoz de Compostela Aberta cualifica de “escandaloso que o Goberno peche o ano con 24 millóns de euros sen gastar e 14 millóns de gastos pendentes”

Branca Novoneyra: “O Goberno de Bugallo ten unha última oportunidade para autocorrixirse e apostar polos artistas locais na programación das festas”

Compostela Aberta leva ao Pleno unha moción para esixir un plan de contratación de artistas e empresas culturais locais para a Ascensión e o Apóstolo, cunha dotación mínima de 250.000 euros

Marta Lois: “O Goberno non pode permitir que sigan pechados máis de 40 postos da Praza de Abastos”

Compostela Aberta propón a convocatoria dun concurso, acompañado dunha liña específica de axudas, para darlle un uso aos espazos desocupados do mercado, priorizando proxectos de economía social e que permitan a inserción laboral de persoas desempregadas de longa duración

María Rozas: “Bugallo cambiou un centro para persoas sen fogar por un edificio de despachos poñendo en risco un millón de euros de fondos europeos”

Compostela Aberta pedirá explicacións no Pleno sobre o modelo do Centro de Inclusión “do que a concelleira de Políticas Sociais non informou ás entidades sociais que traballan en Santiago”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo