Compostela Aberta propónlle ao Goberno alternativas para solucionar os problemas de aparcamento en San Pedro e Concheiros

O grupo municipal de CA urxe o acondicionamento do aparcadoiro de Triacastela e pide que se planifique outro estacionamento no PERI-5 da Almáciga
  • O concelleiro Jorge Duarte demanda a ampliación da zona verde 3 utilizando prazas dispoñibles na rúa de Bonaval, en Costiña do Monte ou en Rodríguez de Viguri

O concelleiro de Compostela Aberta Jorge Duarte esixiulle hoxe ao Goberno local que cumpra os seus compromisos coa veciñanza do barrio de San Pedro, e que atenda as demandas que veñen formulando en relación ás obras de remodelación de Concheiros. O edil incidiu nas necesidades en materia de aparcamento, e instou ao Executivo de Bugallo a efectivizar “alternativas que son viables, como a axilización das obras do estacionamento de Triacastela, a ampliación da zona verde para residentes, e o desenvolvemento dun aparcadoiro no PERI-5 da Almáciga”. 

Jorge Duarte lamentou que “as obras de remodelación de Concheiros arrancaron sen que o Goberno tivera en conta as demandas da veciñanza, despois de que Bugallo decidira asumir directamente esta actuación, supostamente para acondicionar o proxecto ás peticións dos residentes”.  A primeira delas, salientou o concelleiro, “ten que ver coa desaparición de prazas de aparcamento, sen que estean desenvolvidas aínda alternativas”. Duarte pediulle explicacións ao Goberno “polo atraso nas obras do aparcamento de Triacastela, para o que se aprobou un proxecto en febreiro, e se iniciou unha licitación en xuño que aínda non está resolta”. Ademais, reclamou a ampliación das prazas para residentes no barrio, “en rúas como Bonaval, Costiña do Monte ou Rodríguez de Viguri”.

Aparcamento no PERI-5R

O concelleiro de Compostela Aberta tamén urxiu ao Goberno a planificar un aparcamento público para residentes no PERI-5 da Almáciga, unha parcela de 13.000 metros cadrados situada ao carón da rúa de Betanzos. Duarte explicou que neste ámbito xa se contempla unha reserva de espazo para un mínimo de 50 prazas de aparcamento, “pero o Goberno debe prever que o espazo dotacional deste solo, case 2.500 metros cadrados, sexa destinado a un aparcamento, porque este é o dotacional que precisa o barrio”. Esta petición incluiuse nunha emenda á moción que o BNG levará ao Pleno sobre o aparcamento en Concheiros.

Ademais, Duarte reiterou que é preciso garantir que, tras a remodelación de Concheiros, “se manteñan prazas de aparcamento na rúa, que sexan de residentes pola noite e para uso do comercio polo día, mesmo con espazos para a carga e descarga que lle dean servizo aos moitos pequenos establecementos do barrio”. 

Outras medidas

O concelleiro de Compostela Aberta tamén incidiu noutras demandas da veciñanza de San Pedro, relacionadas co calmado de tráfico. Duarte reclamou que “Concheiros teña unha limitación de velocidade de 20/30 quilómetros por hora, mantendo a dobre dirección, pero facendo desta unha área segura”. 

Tamén reclamou que se garantan medidas, a longo prazo, para controlar as terrazas e os usos turísticos, unha vez rematen as obras de remodelación.

Novas
relacionadas

Moción conxunta para reclamarlle á Xunta que cumpra con Santiago e resolva o caos de tráfico e de falta de aparcadoiro no CHUS

María Rozas, Gonzalo Muíños e Míriam Louzao presentan unha iniciativa para que a Xunta asuma a súa competencia e realice o investimento necesario

CA pídelle ao Goberno que explique cando se van acometer as actuacións anunciadas para o barrio do Viso

María Rozas percorreu a zona acompañada pola veciñanza, que reclama información sobre o proxecto de canalización de augas pluviais desde o Gaiás

“Que dous señores tomen decisións a 25 anos nun despacho, sen escoitar a ninguén, e a dous meses das eleccións, mostra a súa nula calidade democrática”

Compostela Aberta reconducirá os usos anunciados para a Casa do Matadoiro “que non poden depender de ocurrencias de Bugallo en tempo de desconto”

Jorge Duarte: “Hai consenso político e técnico sobre cal é o mellor proxecto para Castrón Douro, e só Bugallo leva a contraria”

Na comisión asesora de hoxe, quedou sobre a mesa a modificación do proxecto da II fase de Castrón Douro por falta de apoios, e Compostela Aberta demandará no Pleno que se manteña o acordado no pasado mandato coa veciñanza

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo