Compostela Aberta reclama a creación dun xulgado especializado en violencia machista

  • CA lembra que as denuncias presentadas en Santiago son atendidas polo Xulgado de Instrución número 3, que inicia uns 3.000 casos cada ano

Compostela Aberta vén de presentar unha moción, para o seu debate no próximo Pleno da Corporación, para instar á Xunta, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e á Administración do Estado a dotar a Santiago dun xulgado especializado en Violencia de Xénero. O grupo municipal lembra que “a especialización no tratamento das denuncias por violencia machista é un obxectivo contemplado tanto na Lei Integral contra a Violencia de Xénero, aprobada en 2014, como no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero”.

A moción, presentada pola concelleira Marta Lois, lembra que en Santiago é o Xulgado de Instrución número 3 o que se encarga de tramitar as denuncias por violencia de xénero, “a mesma sala que se ocupa de casos tan complexos como o do accidente do Alvia ou de investigacións por trata de seres humanos e prostitución”. Ese xulgado iniciou en 2017 preto de 3.000 casos, segundo a memoria do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e deixou pendentes de resolver máis de 500, “datos que evidencian a enorme carga de traballo que acumula a sala”. En 2018, en Santiago firmáronse 159 sentenzas por violencia machista.

Tendencia á alza no número de denuncias

A concelleira de Compostela Aberta lembra que “o número de denuncias por violencia machista rexistradas en Galicia non deixa de medrar, nunha tendencia á alza que ameaza con saturar aínda máis os xulgados que se ocupan da súa tramitación”. Así, no primeiro semestre de 2019 rexistráronse 1.736 denuncias, un 38,4 por cento máis que no mesmo período do ano pasado. Segundo datos do Consejo General del Poder Judicial, en 2018 tramitáronse 6.537 denuncias por violencia machista na nosa comunidade; en 2017 foron 6.436; e en 2016, 5.683 denuncias.

A especialización, clave na loita contra a violencia machista

Tanto a Lei Integral contra a Violencia de Xénero, aprobada en 2014, como o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero afondan na na necesaria especialización no tratamento das denuncias por violencia machista, “que xunto coa formación de xuíces e xuízas para a aplicación da perspectiva de xénero no tratamento destes casos, é unha das ferramentas máis relevantes na loita contra a violencia machista”.

Nesa liña, lembra a moción rexistrada por CA, o propio titular do Xulgado de Instrución número 3 de Santiago e xuíz decano, Andrés Lago Louro, ten defendido publicamente a creación dun xulgado especializado en violencia de xénero para dar unha resposta correcta ás denuncias presentadas, cualificando de “inconcebible”, que un xulgado de instrución “teña que atender toda a mañá declaracións de furtos, de estafas, de pelexas, de tráfico de drogas, e ao mesmo tempo atender a unha ou dúas vítimas de violencia de xénero”. O xuíz ten argumentado, ademais, que o xulgado especializado que se creara en Santiago podería ser comarcalizado, para atender as denuncias presentadas en Ribeira e Padrón.

PODES CONSULTAR AQUÍ A MOCIÓN DE COMPOSTELA ABERTA PARA RECLAMAR A CREACIÓN DUN XULGADO ESPECIALIZADO EN VIOLENCIA MACHISTA

Novas
relacionadas

O Pleno de Santiago debaterá unha moción conxunta de CA e BNG para rexeitar o proxecto de Altri

Os dous grupos do Goberno solicítanlle á Xunta que emita un informe negativo a ese proxecto industrial contaminante pola súa afectación ambiental, patrimonial e económica

COMUNICADO DE COMPOSTELA ABERTA DIANTE DA CONMEMORACIÓN DO 8M, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Como cada 8 de marzo, Compostela Aberta súmase ás reivindicacións polo Día Internacional das Mulleres e fai un chamamento á cidadanía a participar nas mobilizacións convocadas para reclamar unha igualdade real entre homes e mulleres, defender o dereito das mulleres a vivir unha vida libre e segura, e denunciar a discriminación que perdura, malia os avances nas últimas décadas.

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo