Compostela Aberta reclama melloras das condicións nas que viven os parrulos do Auditorio e da Alameda

María Rozas pide que se impulsen medidas de concienciación, se garanta a limpeza dos estanques, e que os animais sexan desparasitados

María Rozas reclamoulle hoxe ao Goberno local que adopte medidas para mellorar as condicións nas que viven os parrulos dos estanques do Auditorio e da Alameda, “que non son simples adornos e que requiren dunha atención que a día de hoxe non teñen”. A concelleira de Compostela Aberta o explicou que son moitas as queixas da veciñanza polas deficiencias que sofren os animais, e que teñen que ver con cuestións sanitarias, de salubridade ou de alimentación.

Compostela Aberta levará ao próximo Pleno unha moción na que recolle as numerosas queixas que o grupo municipal tén recibido en relación ás condicións nas que viven os patos, tanto na Alameda como no Auditorio. María Rozas explicou que “non existe un mantemento nin unha limpeza periódicas dos estanques e dos terreos próximos, o Concello non lles está a subministrar unha alimentación diaria e suficiente, e os animais non están a ser desparasitados como deberan”. Ademais, a concelleira denunciou que “moitos parrulos están a morrer a idades temperás, froito destas malas condicións ás que se engaden frecuentes mordeduras de cans e tamén os efectos da introdución, por parte de particulares, de patos da especie cairina moschata, que desde o 2010 está considerada unha ameaza para a biodiversidade pola Sociedade Española de Ornitoloxía”.

Concienciación e protección

Na moción que defenderá no Pleno, María Rozas insta ao Goberno local a poñer en marcha iniciativas para a concienciación e formación nos coidados que precisan estes animais, dirixidas tanto ao persoal de xardinaría que se ocupa do mantemento dos espazos que ocupan os parrulos e da súa alimentación, como da Policía local, que debe estar vixilante e sancionar a quen abandona patos nos estanques. Ademais, pide que eses parrulos da especie cairina moschata sexan trasladados e  reclama que os animais sexan desparasitados e atendidos cando resulten feridos. Por último, CA demanda na moción que o Goberno valore a constitución dunha patrulla de Protección Civil que estea formada en cuestións medioambientais e de protección animal.

PODES LER AQUÍ A MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA O COIDADO E PROTECCIÓN DOS PARRULOS DO AUDITORIO E DA ALAMEDA DE SANTIAGO

Arquivado en:maría rozas
Novas
relacionadas

Moción conxunta para reclamarlle á Xunta que cumpra con Santiago e resolva o caos de tráfico e de falta de aparcadoiro no CHUS

María Rozas, Gonzalo Muíños e Míriam Louzao presentan unha iniciativa para que a Xunta asuma a súa competencia e realice o investimento necesario

“Nos primeiros cen días de Goberno atendimos urxencias como a dos autobuses, recuperamos o diálogo social, e reconducimos o proxecto do Centro de Persoas sen Fogar” 

O Goberno mantivo un encontro cos medios de comunicación para facer balace dos cen primeiros días de mandato

“Para CA, o responsable cos veciños era estar no goberno e aportar estabilidade”

Entrevista a María Rozas, concellería de Dereitos e Servizos Sociais e primeira tenente de alcaldesa

María Rozas: “Asinamos un bo acordo para Santiago, que atende ao que nos pediu a veciñanza: un goberno de esquerdas e plural”

Compostela Aberta e BNG asinaron as bases do acordo de goberno transformador para Santiago durante o mandato 2023-2027

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo