Compostela Aberta reclama o acondicionamento dunha senda peonil que comunique a Gracia co Polígono do Tambre

Xan Duro explica que esa obra “completaría as actuacións que foron planificadas no anterior mandato para mellorar a contorna do centro sociocultural”

Compostela Aberta insta ao Goberno local a continuar cos traballos de mellora iniciados na parroquia da Gracia, e a acondicionar unha senda peonil que comunique a contorna do seu centro sociocultural co Polígono do Tambre. O concelleiro Xan Duro explicou que “esta actuación completaría as que se planificaron neste ámbito no anterior mandato, no que o Goberno de CA traballo para mudar as dinámicas de abandono do medio rural ás que Bugallo regresou nestes dous anos e medio de Goberno”.

Xan Duro lembrou que ao longo do pasado mandato “realizáronse varios proxectos para A Gracia, acordados coa veciñanza, para reformar o centro sociocultural e mellorar a súa accesibilidade, humanizar o campo da festa, mellorar a pavimentación, ou mellorar o alumeado”. O concelleiro de Compostela Aberta sinalou que, ainda que estas actuacións foron concluídas neste mandato, “foi no anterior cando se incluíron no Plan Único da Deputación, cumprindo co compromiso de que os fondos provinciais foran integramente destinados ao rural”. O edil sinalou que, para completar estas actuacións, prevíase a construción dunha senda peonil que unira a contorna do centro sociocultural da Gracia e da ermida de San Silvestre co Polígono do Tambre, a través da Vía de la Cierva, “de xeito que ese ámbito ficara máis accesible e case incorporado á trama urbana, posto que está próximo á zona industrial”.

Compostela Aberta levará ao Pleno da próxima semana unha moción para reclamar a construción da senda peonil, “que permitirá que o centro sociocultural da Gracia agora renovado teña un mellor acceso, e que facilitará o tránsito peonil e de bicicletas na parroquia”.

PODES CONSULTAR AQUÍ A MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA QUE O CONCELLO DE SANTIAGO IMPULSA A CONSTRUCIÓN DUNHA SENDA PEONIL QUE CONECTE O LUGAR DA GRACIA CO POLÍGONO DO TAMBRE

Arquivado en:ruralxan duro
Novas
relacionadas

“Nos primeiros cen días de Goberno atendimos urxencias como a dos autobuses, recuperamos o diálogo social, e reconducimos o proxecto do Centro de Persoas sen Fogar” 

O Goberno mantivo un encontro cos medios de comunicación para facer balace dos cen primeiros días de mandato

María Rozas: “Asinamos un bo acordo para Santiago, que atende ao que nos pediu a veciñanza: un goberno de esquerdas e plural”

Compostela Aberta e BNG asinaron as bases do acordo de goberno transformador para Santiago durante o mandato 2023-2027

Compostela Aberta pídelle ao Goberno que medie no conflito do lixo

María Rozas e Xan Duro reuníronse esta tarde co Comité de empresa de Urbaser “que leva meses advertido do incumprimento dos seus dereitos, ante a inacción de Bugallo”

María Rozas: “No próximo mandato hai que tomar decisións sobre a auga, e CA non renuncia á xestión directa nin permitirá que gobernen as concesionarias”

A candidata de CA á alcaldía e o número 2, Xan Duro, insisten en que “hai que continuar o camiño iniciado no pasado mandato, porque hai datos que avalan que a xestión directa é o mellor modelo para os intereses da veciñanza”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo