Compostela Aberta reclama que a Xunta revise a aplicación que fai da Lei de Dependencia e non poña trabas aos dereitos das familias

CA leva ao Pleno unha moción para instar á Consellería de Políticas Sociais” a revisar os casos das familias que denunciaron un cambio de criterios na valoración do grao de dependencia
  • Marta Lois advirte que o caso dun neno de Ames escolarizado en Santiago ”mostra arbitrariedade na aplicación da lei, e evidencia a insensibilidade da administración galega diante de familias en situación de vulnerabilidade”

O grupo municipal de Compostela Aberta levará ao próximo Pleno unha moción para instar á Xunta de Galicia a revisar e mellorar a aplicación que fai da Lei de Dependencia, tras coñecerse o caso dun neno de Ames ao que a Consellería de Políticas Sociais lle rebaixou o grao de dependencia sen xustificación algunha. Tal e como denunciou a familia afectada, son máis as persoas que se viron prexudicadas por unha modificación dos criterios de valoración dos graos de dependencia, algo que pode supoñer a perda de recursos e axudas indispensables  para afrontar o día a día destas familias.

Na moción que defenderá no Pleno da vindeira semana, a concelleira Marta Lois lembra que “as axudas á dependencia son un dereito, unha conquista social que se debe atender sen arbitrariedades e sen que as persoas afectadas sintan que teñen que mendigar esas axudas”. De aí o acordo que Compostela Aberta vai requirir da Corporación, para  instar á Xunta a revisar os casos concretos das familias que teñan denunciado a modificación dos criterios das equipas de valoración dos servizos da Consellaría de Políticas Sociais. Ademais, Compostela Aberta quere que o Concello de Santiago reclame da Xunta a elaboración dun ‘Plan de choque para atender as necesidades da diversidade funcional’, que permita implementar medidas máis eficaces segundo o tipo de diversidade particular de cada persoa; o incremento dos fondos para aplicar a Lei da Dependencia e, en particular, para a Promoción da Autonomía Persoal; e a dotación de persoal suficiente para axilizar as valoracións o grao dependencia. Por último, na moción pídeselle á Xunta que implique e conte coa opinión das administracións locais en todo o que tén que ver coa aplicaicón da Lei de Dependencia.

Risco de baleirar de contidos a lei

Marta Lois mostrou a súa preocupación pola aplicación que fai a Xunta da Lei de Dependencia porque “o caso que acaba de trascender dunha familia de Ames parece indicar que estamos diante dunha nova tentativa de baleirar de contidos os dereitos recoñecidos nesta normativa, a través das trabas que a administración galega coloca para a súa aplicación efectiva”. A concelleira de Compostela Aberta lamentou que “a administración galega se mostre insensible diante das circunstancias de vulnerabilidade desta familia, no canto de cumprir a súa obriga de coidar da cidadanía”.

Tal e como trascendeu nas últimas semanas, a Xunta de Galicia rebaixou o grao de dependencia dun neno de Ames de oito anos, escolarizado no CEIP Quiroga Palacios de Conxo, malia a que non rexistrou ningunha mellora na súa enfermidade. O cativo, que naceu de maneira prematura e ao que lle foi diagnosticada unha parálise cerebral infantil secundaria cun cadro clínico de diparesía espástica, sofre dificultades psicomotrices en ambas pernas e psicomotricidade fina en ambas mans. A revisión do seu grao de dependencia produciuse xusto cando lle foi diagnosticado a maiores un TDHI, e a rebaixa aplicada inicialmente suporía a perda dalgúns dereitos que o menor tén recoñecidos, como o coidador que o acompaña ao colexio, ou das axudas e bonificacións fiscais que lle permiten á súa familia acceder a servizos de fisioterapia ou logopedia.

Para Marta Lois, “este caso é  máis preocupante aínda porque despois de que a familia contara a súa situación nos medios de comunicación, a Xunta de Galicia notificoulle a estes mesmos medios antes que aos afectados unha nova modificación do criterio para recoñecerlle ao neno un grao de discapacidade máis elavado do que tiña inicialmente”. Para a concelleira de Compostela Aberta, “estas mudanzas de criterio da administración pública son incomprensibles, como tamén o é que as familias  teñan que recorrer aos medios para que a Consellería de Políticas Sociais corrixa unha valoración de dependencia”.

PODES CONSULTAR AQUÍ A MOCIÓN DE CA PARA INSTAR Á XUNTA A REVISAR E MELLORAR AS POLÍTICAS PÚBLICAS DE APLICACIÓN DA LEI DE DEPENDENCIA

Novas
relacionadas

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

Moción conxunta para reclamarlle á Xunta que cumpra con Santiago e resolva o caos de tráfico e de falta de aparcadoiro no CHUS

María Rozas, Gonzalo Muíños e Míriam Louzao presentan unha iniciativa para que a Xunta asuma a súa competencia e realice o investimento necesario

María Rozas: “Bugallo cambiou un centro para persoas sen fogar por un edificio de despachos poñendo en risco un millón de euros de fondos europeos”

Compostela Aberta pedirá explicacións no Pleno sobre o modelo do Centro de Inclusión “do que a concelleira de Políticas Sociais non informou ás entidades sociais que traballan en Santiago”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo