Compostela Aberta reclama un Consello extraordinario de Tussa para avaliar “a situación de emerxencia do servizo de transporte urbano”

  • Os tres grupos da oposición tamén urxen ao concelleiro de Mobilidade a render contas no Pleno sobre o estado da flota de autobuses
  • María Rozas lémbralle a Bugallo que debe dar explicacións á Corporación e á veciñanza sobre o proceso de licitación, tal e como aprobou o Pleno a proposta de CA

Compostela Aberta, xunto con BNG e PP, solicita que a empresa municipal Tussa convoque un Consello de Administración extraordinario para avaliar a situación na que se atopan os autobuses urbanos, “despois dos incidentes rexistrados nas últimas semanas, o último deles hoxe mesmo co incendio sufrido por un vehículo en San Marcos”. A portavoz municipal de CA, María Rozas, reclamoulle ao Goberno “que adopte medidas con carácter urxente, porque o servizo de transporte atópase a día de hoxe unha situación de extrema gravidade que se debe resolver de inmediato, e que non pode agardar a un novo contrato que Bugallo non foi quen ainda de sacar a licitación”.

María Rozas incidiu en que “as frecuentes imaxes de autobuses avariados en distintos puntos de Santiago están creando unha alarma entre a veciñanza e son a mellor mostra de que non se está a prestar o servizo de transporte coa calidade que sería esperable”. Para a portavoz de Compostela Aberta, “o Goberno debe dar explicacións sobre cal é o estado real dos autobuses e, o máis importante, sobre cales son os seus plans para solventar a situación canto antes”. Nesa liña, a concelleira insistiu en que “os continuos incidentes demóstrannos que a flota actual non vai resistir ata que o Goberno teña resolto un novo contrato que ainda non saiu a licitación, transcorridos máis de tres anos e medio de mandato e a pesar das promesas do PSOE de que o procedemento estaría iniciado xa no ano 2019”.

Cumprir os acordos plenarios

A portavoz de CA reclamoulle tamén a Bugallo “que cumpra os acordos plenarios, e que dea contas da situación real na que se atopa a licitación do servizo de transporte urbano, máis alá das continuas escusas que pón para xustificar o atraso do procedemento”. María Rozas recordou que o Pleno da Corporación aprobou, na súa última sesión do 28 de outubro, unha proposición de Compostela Aberta que instaba ao Goberno a darlle explicacións aos grupos da Corporación e á veciñanza en xeral, a través da convocatoria do Pacto Local pola Mobilidade; a avaliar coa cidadanía o mapa de liñas e as frecuencias previstas no novo servizo, e a garantir nos pregos de licitación un proceso de concorrencia das diferentes empresas en igualdade de condicións, garantindo a subrogación e o mantemento de todos os traballadores que prestan o servizo, incluídos os da liña 6 que foron despedidos en decembro de 2020.

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo