Compostela Aberta reclama un estudo e a mellora da seguridade viaria da estrada que conecta Santiago e Val do Dubra

O grupo municipal de CA pide que a Deputación, en colaboración co Concello, defina as actuacións necesarias para mellorar esta vía

Compostela Aberta reclamou hoxe a mellora da seguridade viaria da estrada provincial DP-0701 e a reurbanización das rúas do ámbito do Avío, Torreira e O Romaño. O concelleiro Xan Duro visitou esta mañá a infraestrutura acompañado por Antonio Negreira, edil de Son do Val do Dubra, e Alberto Lema, deputado provincial da Marea Atlántica. Alí, Duro explicou que “máis de dous anos despois da entrada en funcionamento da Variante de Aradas, é preciso avaliar o seu impacto no viario que conecta Santiago e Val do Dubra e tamén afrontar a mellora dalgúns dos puntos máis conflictivos desta estrada provincial”. 

Compostela Aberta levará ao Pleno unha moción na que insta á Deputación da Coruña, titular do viario, a colaborar co Concello de Santiago para que se realice un estudo sobre a seguridade viaria e, posteriormente, orce as obras precisas na DP-0701. Xan Duro explicou que “xa hai necesidades evidentes, como a mellora da mobilidade segura de vehículos e veciñanza na contorna do lugar do Queiroal na Peregrina, ou nas proximidades da Ponte do Romaño”. O concelleiro de CA tamén se referiu a un punto negro na incorporación a Lamascal, “unha zona que ademais é moi utilizada polos ciclistas, o que pode incrementar as situacións de risco”.

Ademais, Xan Duro instou ao Goberno a estudar a posibilidade de habilitar un estacionamento de borde no Romaño, “que debería sumarse a unha mellora de frecuencias da liña P4 para facilitar que menos vehículos accedan á zona urbana”. Por último, o concelleiro de Compostela Aberta pediu que os próximos Plans de Travesías da Deputación da Coruña inclúa a reurbanización do ámbito do Avío-Torreira-Romaño, para darlle continuidade ás melloras urbanas realizadas hai máis de 10 anos xa no tramo de Galeras-Salvadas-Vista Alegre.

Son de Val do Dubra levará unha proposta similar á de Compostela Aberta ao Pleno do Concello de Val do Dubra, e Marea Atlántica fará o propio no Pleno da Deputación da Coruña.

PODES CONSULTAR AQUÍ A MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA MELLORAR A SEGURIDADE VIARIA NA ESTRADA DP0701 DE SANTIGO ATA PORTOMOURO

Arquivado en:xan duro
Novas
relacionadas

“Nos primeiros cen días de Goberno atendimos urxencias como a dos autobuses, recuperamos o diálogo social, e reconducimos o proxecto do Centro de Persoas sen Fogar” 

O Goberno mantivo un encontro cos medios de comunicación para facer balace dos cen primeiros días de mandato

María Rozas: “Asinamos un bo acordo para Santiago, que atende ao que nos pediu a veciñanza: un goberno de esquerdas e plural”

Compostela Aberta e BNG asinaron as bases do acordo de goberno transformador para Santiago durante o mandato 2023-2027

Compostela Aberta pídelle ao Goberno que medie no conflito do lixo

María Rozas e Xan Duro reuníronse esta tarde co Comité de empresa de Urbaser “que leva meses advertido do incumprimento dos seus dereitos, ante a inacción de Bugallo”

María Rozas: “No próximo mandato hai que tomar decisións sobre a auga, e CA non renuncia á xestión directa nin permitirá que gobernen as concesionarias”

A candidata de CA á alcaldía e o número 2, Xan Duro, insisten en que “hai que continuar o camiño iniciado no pasado mandato, porque hai datos que avalan que a xestión directa é o mellor modelo para os intereses da veciñanza”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo