Compostela Aberta reclama “un maior compromiso para resolver as tarefas que o Goberno local ten pendentes en materia de Igualdade”

Marta Lois lembra que transcorrida máis da metade do mandato no se actualizaron os datos do Observatorio Municipal de Igualdade de Xénero, e Santiago segue sen Plan de Igualdade en vigor
  • CA levará ao Pleno unha moción en apoio ás mobilizacións feministas do 8M e para reclamar que o Concello programe actividades concretas nesa data

A falta de menos de dúas semanas para a conmemoración do 8M, Compostela Aberta denunciou hoxe que “o Concello de Santiago non deu pasos suficientes en materia de Igualdade nos últimos anos, cun Goberno que aínda non foi quen de aprobar un novo Plan de Igualdade nin de actualizar os datos do Observatorio Municipal de Igualdade de Xénero creado no pasado mandato”. A portavoz municipal de CA, Marta Lois, reclamou “axilidade para darlle cumprimento aos moitos compromisos pendentes nesta materia, porque o 8 de marzo non pode ficar unicamente como unha data simbólica no calendario”.

Compostela Aberta levará ao próximo Pleno unha moción na que lembra cales son as materias pendentes en materia de Igualdade e propón diferentes iniciativas relacionadas coa celebración do Día Internacional das Mulleres. Marta Lois incidiu en que “é importante que desde a administración local se poñan todos os medios necesarios para facer fronte á discriminación e para acadar unha igualdade plena entre homes e mulleres; é fundamental que se garantan uns servizos públicos municipais de calidade, que loiten contra as violencias machistas, que fomenten a conciliación, e que contribúan a construir un municipio que sexa verdadeiramente Territorio das Mulleres”. A portavoz de CA incidiu tamén no lema elixido este ano por Nacións Unidas para a conmemoración do 8M, “Igualdade de xénero hoxe para un mañá sustentable”, e reclamou que desde o Concello de Santiago “se organicen actividades para recoñecer o valor social do ecofeminismo e para visibilizar os enormes esforzos que realizan mulleres e nenas en todo o mundo para forxar un futuro máis igualitario e fronte a crise climática”

Na moción que defenderá Marta Lois, Compostela Aberta insta ao Goberno local a colaborar e apoiar as mobilizacións e actividades convocadas polo movemento feminista para o 8M e a programar actos e actividades municipais de apoio institucional ao 8 de marzo. En concreto, CA reclama a organización dunhas xornadas na Casa das Mulleres Xohana Torres dedicadas a analizar a relación entre o feminismo e a loita contra a crise climática, atendendo ao lema elixido este ano por Nacións Unidas para o 8M.

Tarefas pendentes

Ademais, na moción Marta Lois lembra as tarefas que a concellería de Igualdade ten pendentes desde o comezo do mandato, como “a actualización dos datos do Observatorio Municipal de Igualdade de Xénero para poder coñecer mellor a situación das mulleres compostelás tanto dende o punto de vista socioeconómico como da situación de violencia de xénero”, ou a aprobación do novo Plan de Igualdade, “porque aínda que nos consta que se iniciaron recentemente, os traballos para a redacción do Plan acumulan máis dun ano de atraso, e estamos sen documento en vigor desde finais de 2020”.

Por último, Compostela Aberta instará ao Goberno a darlle cumprimento ás mocións acordadas no presente mandato pola Corporación municipal en relación coas políticas municipais de igualdade; e a instar ao goberno do Estado e á Xunta de Galicia a dar resposta e impulsar todas as medidas solicitadas polo Pleno do Concello de Santiago nos últimos anos, con motivo da celebración do 8M, en materia perspectiva de xénero, de igualdade salarial, inserción laboral, corresponsabilidade e conciliación e violencia de xénero.

Documentación
relacionada
MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA CON MOTIVO DO 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 
Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo