Compostela Aberta reclama unha auditoría do Servizo de Axuda no Fogar ante as denuncias das traballadoras

Marta Lois urxe ao Goberno a “deixar de mirar para outro lado e a garantir as condicións do persoal e a calidade do servizo”
  • O persoal do SAF denuncia que non se está a cumprir o convenio colectivo vixente nin se están respectando as condicións do prego da actual concesión

Compostela Aberta demándalle ao Goberno que elabore unha auditoría sobre a prestación do Servizo de Axuda no Fogar, que dea conta da súa calidade e do cumprimento do actual contrato. Anunciouno hoxe Marta Lois, que lamentou que as traballadoras do  SAF “seguen sen ver atendidas as súas demandas e sen conseguir que se respecten os seus dereitos laborais, diante da pasividade do Goberno e da concelleira de Políticas Sociais”.

Compostela Aberta levará ao Pleno unha proposición na que reclama a elaboración desa auditoría detallada, con especial atención ao cumprimento do contrato nas cláusulas relativas á organización do servizo, os recursos humanos, os medios materiais, as axudas técnicas e servizos complementarios, e a calidade do servizo. Ese estudo deberá ser posto a disposición dos grupos municipais e da representación sindical das traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar, que vén de manter unha xuntanza coa portavoz municipal de CA, Marta Lois, e coa concelleira María Rozas. 

Descoordinación e incumprimentos

A portavoz de CA lembrou que en xuño cumprirase un ano da formalización do contrato do Servizo de Axuda no Fogar con Servisar, “e desde entón as traballadoras veñen denunciando reiteradamente os incumprimentos por parte da empresa”. Marta Lois explicou que, entre outras cuestións, ainda no se aplicou correctamente a suba do IPC para este ano, que debera ser do 6,5% segundo o convenio vixente, “e non a porcentaxe do 3,1% que foi aplicada, sen ter en conta ademais o complemento de antigüidade”. Tampouco se solucionaron os problemas para o aparcamento das traballadoras, “dúas cuestións polas que Compostela Aberta preguntou xa no Pleno de marzo e que a concelleira de Políticas Sociais asegurou que estaban en vías de ser arranxadas”.

As traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar denunciaron tamén diferentes problemas na organización do traballo. Entre outras cuestións, non se contabilizan correctamente como horas de traballo as horas de formación ou as sindicais; non se chama para cubrir horas ás traballadoras con máis antigüidade que non teñen  xornada completa tal e como establece o convenio colectivo; e as coordinacións que aparecen no novo contrato teñen en conta ás persoas usuarias pero non ás traballadoras, que aseguran non saber nin de cal dependen nin  quen chamar para resolver incidencias. Ademais, non hai reunións periódicas coas coordinadoras, e as que se fixeron tiveron que ser en horas de lecer e non en horario laboral como correspondería.

Tarefas impropias

Outra das queixas que o persoal do SAF lle trasladou ao grupo municipal de Compostela Aberta tén que ver coas tarefas que se lles manda acometer. Segundo aseguran, están sendo obrigadas a realizar constantemente tarefas de limpeza de choque e de limpeza especial que corresponderían a empresas especiais de limpeza, e que van moito máis alá das funcións que teñen encomendadas na atención ás persoas usuarias. Marta Lois lamentou que “a concellería de Políticas Sociais estea asumindo con normalidade que as traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar se encarguen destas tarefas, cando a súa función é a de ofrecer o apoio necesario para que as persoas usuarias poida manterse na súa contorna habitual, tanto no relativo ao coidado persoal como ás tarefas domésticas”. A portavoz de CA indicou que “as traballadoras están dedicando máis tempo a tarefas como limpeza de azulexos ou fiestras fronte á atención ás persoas”.

Marta Lois lembrou que “o Servizo de Axuda no Fogar é un servizo municipal, e polo tanto o Goberno local debe velar pola súa correcta prestación e atender tamén ás cuestións que lles afectan ás traballadoras”. A portavoz municipal de Compostela Aberta insistiu en que “o Goberno e a concelleira Mila Castro non poden estar permanentemente mirando para outro lado, coa escusa de que as relacións laborais son responsabilidade da empresa”.

Documentación
relacionada
Proposición do Grupo Mnicipal de Compostela Aberta sobre situación do contrato e a das traballadoras do servizo de axuda no fogar en Santiago
Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

Compostela Aberta lamenta que a Xunta “siga sen escoitar á veciñanza de Conxo e volva elixir a peor opción para a senda ciclable do Milladoiro”

Compostela Aberta lamenta que a Xunta de Galicia perdera a oportunidade de corrixir de verdade a barbaridade que cometeu ao definir o trazado da senda ciclista do Milladoiro, e presente hoxe unha alternativa que non mellora nada e que non contenta a ninguén. Para CA, o Goberno galego segue ignorando á veciñanza, e de caer no mesmo erro de planificar unha vía sen pisar o terreo.

Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo