Compostela Aberta reclámalle ao Goberno a inmediata apertura do Centro Sociocultural da Cidade Vella

  • Branca Novoneyra lembra que “o proxecto da praza de Salvador Parga quedou aprobado no anterior mandato, e Bugallo non foi quen de executalo en tres anos”
  • CA pide que o equipamento se integre na rede de CSC no inicio do próximo curso e que a súa programación sexa consensuada con veciñanza e tecido asociativo

Compostela Aberta reclamoulle hoxe ao Goberno local “que dispoña os recursos e materiais que sexan necesarios para que o novo Centro Sociocultural da Cidade Histórica estea e funcionamento e ao dispor da cidadanía no inicio do próximo curso”. A concelleira Branca Novoneyra lamentou “o atraso que acumula este proxecto, que quedou encamiñado no anterior mandato, e que empeza a desesperar a unha veciñanza que reclama que a atención do Goberno á zona vella non se limite ao que tén que ver coa actividade turística”.

Compostela Aberta levará ao Pleno do mes de xullo unha proposición na que reclama que se dote de recursos e materiais o novo Centro Sociocultural da Cidade Histórica, situado na praza de Salvado Parga, para que entre en funcionamento o antes posible, idealmente nos meses de setembro e outubro co comezo da nova programación da rede de centros socioculturais. Ademais, CA pide que se establezan as necesarias canles de diálogo e comunicación coa veciñanza e co tecido asociativo, para facelos partícipes do deseño da programación das actividades que se desenvolvan nese equipamento.

O proxecto do Centro Cívico da cidade histórica nun inmoble da praza de Salvador Parga propiedade de AFundación foi aprobado polo Goberno de Compostela Aberta en xullo de 2018, pero non puido executarse porque a oposición (PP, PSOE e BNG) impediu  aprobación dos orzamentos municipais de 2019. Por este motivo, CA procurou unha solución alternativa e chegou a aprobar o texto dun convenio coa USC para destinar  CSC da zona vella o edificio de Casas Reais coñecido como Casa Elisa e Jimena Fernández de la Vega. Branca Novoneyra lembrou que “o Goberno de Bugallo deu unha primeira mostra do seu desinterese pola veciñanza da cidade histórica cando preferiu utilizar este inmoble para despachos, asegurando que o novo centro cívico estaría habilitado nun prazo curto de tempo”. A concelleira de CA incidiu en que “unha vez máis, Bugallo e o PSOE incumpriron a súa palabra, porque o certo é que non foi ata setembro de 2021 cando se asinou o contrato para a remodelación das instalacións da praza de Salvador Parga”.

Novoneyra explicou que o proxecto tiña un prazo de execución de tres meses, “pero a realidade é que xa transcorreron dez meses desde a sinatura dese contrato, e a veciñanza segue se poder desfrutar desas instalacións”. De feito, sinalou, “este mesmo mes soubemos da contratación dos traballos de instalación dunha rampla de granito para mellorar o acceso ao centro sociocultural”.

A concelleira de CA incidiu en que “somos conscientes de que o centro precisará ainda de recursos materiais  mobiliario para a súa apertura, e o Goberno non pode perder máis tempo porque esta é unha vella demanda da veciñanza da zona histórica”.  Nesa liña, Novoneyra lamentou que “Bugallo e o seu equipo sigan impulsando unicamente actuacións pensadas para os turistas, esquecendo que os veciños e veciñas precisan de máis facilidades e máis dotacións para seguir habitando a cidade vella”.

PODES CONSULTAR AQUÍ A PROPOSICIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA PARA QUE SE ABRA O NOVO CENTRO CÍVICO DA CIDADE VELLA SITUADO PRAZA DE SALVADOR PARGA CANTO ANTES

Novas
relacionadas

Comunicado da coordinadora de Compostela Aberta sobre as cargas policiais rexistradas ao remate da manifestación por Palestina

A coordinadora de Compostela Aberta manifesta a súa repulsa e condena diante das actuacións policiais acontecidas onte na nosa cidade, na parte final da mobilización nacional que reclamaba a paz en Palestina.

O Pleno de Santiago debaterá unha moción conxunta de CA e BNG para rexeitar o proxecto de Altri

Os dous grupos do Goberno solicítanlle á Xunta que emita un informe negativo a ese proxecto industrial contaminante pola súa afectación ambiental, patrimonial e económica

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo