Compostela Aberta reclámalle ao Goberno “máis interlocución real coa veciñanza de San Pedro e solucións ás súas queixas polas obras”

CA levará ao Pleno unha proposición para reclamar un plan de mobilidade para o barrio “consensuado coas residentes”, e axudas para compensar á hostalería e o comercio polas molestias dos traballos
  • Marta Lois e Xan Duro reuníronse coa veciñanza “que denuncia eivas na execución das obras, tanto nas que executa a Xunta como nas que acomete o Concello”

Compostela Aberta levará ao próximo Pleno as queixas da veciñanza de San Pedro, “farta de non ser tida en conta no desenvolvemento das obras que lle afectan ao barrio, tanto nas que executa a Xunta como as que acomete o Concello nos Concheiros”. A portavoz municipal, Marta Lois, incidiu hoxe en que “os residentes seguen sen ser informados sobre as modificacións de mobilidade na zona, seguen detectando eivas na execución dos dous proxectos, e seguen denunciando as perdas que sofren moitos negocios da zona pola demora das obras”. A concelleira sinalou que “o Goberno non tivo a ben recibir á veciñanza de San Pedro ata onte mesmo, despois de semanas de queixas pero, lamentablemente, ter unha reunión con Bugallo non sempre equivale a ser escoitado e obter respostas”.

A portavoz municipal de Compostela Aberta, Marta Lois, e o concelleiro Xan Duro, recolleron as demandas da veciñanza de San Pedro nunha xuntanza celebrada a semana pasada na que as residentes volveron mostrar o seu malestar pola falta de interlocución co Goberno local. Tal e como relataron, “o Concello asumiu a execución das obras de Concheiros porque era unha actuación delicada e era preferible que a desenvolvera a administración máis próxima á veciñanza, pero finalmente a interlocución é inexistente”. Nesa liña, existe malestar polos continuos cambios no desenvolvemento dos traballos, “que ademais semellan improvisados, e teñen repercusións moi negativas para algúns negocios que se atopan de repente cos accesos bloqueados e sen poder abrir as súas portas sen previo aviso, e para os residentes que non saben nin cal é o camiño que teñen que coller para chegaren as súas casas”. A veciñanza tamén relata numerosos problemas que foron aparecendo no transcurso das obras e modificacións con respecto ao proxecto que estaba aprobado.

Modificacións de mobilidade e axudas

Recollendo as preocupacións da veciñanza, Compostela Aberta levará ao Pleno do próximo día 29 unha proposición na que insta ao Goberno local a informar das modificacións da mobilidade, porque a día de hoxe descoñécese se as rúas van manter o sentido de circulación, e a elaborar un plan que sexa participado e que conte coa opinión da veciñanza. Ademais, CA reclama “un plan de axudas específico para o comercio e a hostalería do barrio de San Pedro, afectado pola demora dunhas obras para as que se están ampliando os prazos de execución”. 

Por último, na proposición ínstase ao Goberno local a realizar unha auditoría cidadá para recoller as queixas das veciñanza sobre a execución das obras de mellora do Camiño Francés que está acometendo a Xunta, e reclámaselle ás dúas administracións que colaboren institucionalmente para resolver todas esas eivas detectadas no mínimo prazo posible.

PODES CONSULTAR AQUÍ A PROPOSICIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE COMPOSTELA ABERTA SOBRE AS MELLORAS E REVISIÓNS NECESARIAS DA MOBILIDADE POR CAUSA DAS OBRAS DO CAMIÑO FRANCÉS NO BARRIO DE SAN PEDRO

Novas
relacionadas

“Nos primeiros cen días de Goberno atendimos urxencias como a dos autobuses, recuperamos o diálogo social, e reconducimos o proxecto do Centro de Persoas sen Fogar” 

O Goberno mantivo un encontro cos medios de comunicación para facer balace dos cen primeiros días de mandato

María Rozas: “Asinamos un bo acordo para Santiago, que atende ao que nos pediu a veciñanza: un goberno de esquerdas e plural”

Compostela Aberta e BNG asinaron as bases do acordo de goberno transformador para Santiago durante o mandato 2023-2027

Yolanda Díaz arroupa a Compostela Aberta no día grande da Ascensión

A vicepresidenta pediu o apoio para María Rozas nas eleccións do próximo día 28 “porque é a mostra dunha maneira de facer política en maiúsculas”

CA creará unha carteira pública de locais comerciais baleiros que serán postos en alugueiro a prezos taxados para comercio de interese municipal

María Rozas e Marta Lois presentaron as propostas de Compostela Aberta en materia de economía, emprego, industria e comercio

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo