CA reclámalle ao Goberno que cumpra a lei e facilite os datos da execución trimestral dos orzamentos

María Rozas rexistrou unha solicitude de información “porque Bugallo leva un ano sen dar conta ao Pleno desa información, a pesar da esixencia legal para facelo”

Compostela Aberta reclamoulle hoxe ao Goberno “que cumpra a lei, e que facilite a información relativa á execución trimestral dos orzamentos de 2021 que nin está a levar ao Pleno nin está a remitir aos grupos da oposición”. A concelleira María Rozas lembrou que “dar conta no Pleno desa execución trimestral das contas é unha obriga das corporacións locais, que o Concello de Santiago está a incumprir desde hai xusto un ano, desde novembro de 2020”.

María Rozas vén de solicitar, a través do Rexistro, unha copia da información sobre a execución trimestral dos orzamentos de 2021, que o Concello de Santiago tivo que remitir ao Ministerio de Facenda. A concelleira de Compostela Aberta explicou que unha orde ministerial de 2012, que desenvolve a Lei de Estabilidade Orzamentaria, establece cales son as obrigas de subministro de información das administracións públicas “en virtude do principio de transparencia que debe rexir o seu funcionamento, para garantir o control da xestión pública e facilitar a rendición de contas”. Rozas lamentou que “o Goberno de Bugallo está obviando estas obrigas, nomeadamente no que tén que ver coa presentación dun resumo do estado de execución do orzamento a finais de cada trimestre”. Tal e como se contempla nesa orde ministerial, as Corporacións locais deben remitir esa información ao Ministerio de Facenda antes do último día do mes seguinte ao da finalización de cada trimestre, e posteriormente dar conta do informe no seguinte Pleno ordinario. No caso de Santiago, denunciou a concelleira, “non se deu conta da execución trimestral dos orzamentos desde o Pleno de novembro de 2020, hai xusto un ano, polo que lle esiximos ao Goberno que nos remita a información relativa aos tres primeiros trimestres deste ano 2021”.

María Rozas sinalou que “son moitas as mostras que dá este Goberno da súa nula vontade de practicar a transparencia na súa xestión, e boa proba é a non actualización de numerosos datos na páxina web municipal”. Así, denunciou que o Concello leva sen publicar os datos do Periodo Medio de Pago a Proveedores desde o pasado mes de marzo, “probablemente porque tén pouco interese en transparentar que no que levamos de ano non foi quen de cumprir nin unha soa vez os prazos fixados por lei, algo que só conseguiu en cinco meses dos máis de dous anos que levamos de mandato”.

Novas
relacionadas

Os grupos do Compostela Aberta, BNG e GM Socialista presentan unha moción conxunta de apoio á mobilización de SOS Sanidade Pública

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e GM Socialista acordaron unha moción conxunta, que levarán ao pleno deste mes de marzo, en apoio á nova mobilización convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, o próximo 6 de abril do 2025. A mobilización sairá ás 12 horas dende a Alameda ata a Praza do Obradoiro.
María Rozas, Goretti Sanmartín e Gonzalo Muíños asinaron o acordo de orzamentos

Os grupos municipais de Compostela Aberta, Socialista e BNG pechan un acordo de orzamentos para 2025

María Rozas, en representación de Compostela Aberta, Gonzalo Muíños polo Grupo Municipal Socialista e Goretti Sanmartín, polo BNG asinaron este martes o acordo para os orzamentos municipais de 2025, “uns orzamentos ambiciosos mais equilibrados e enfocados ás necesidades reais de Santiago”.

María Rozas: “Os orzamentos da Xunta son decepcionantes para Santiago e non serven para resolver os problemas da veciñanza”

A portavoz municipal de Compostela Aberta e tenenta de alcaldesa de Santiago cualificou hoxe de “decepcionantes e insuficientes” os orzamentos da Xunta para 2025 no que tén que ver coa capital galega. María Rozas explicou que “se sobre o papel as contas manteñen moitas débedas con Compostela, tememos que na súa execución a cousa só vaia a peor, como vén acontecendo nos últimos anos en cuestións de enorme importancia como poden ser as políticas de

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo