Compostela Aberta reclámalle ao Goberno que licite a redacción do Plan de Mobilidade Urbana Sostible

O  concelleiro Jorge Duarte lembra que as liñas mestras do que debe ser o PMUS xa quedaron esbozadas durante o pasado mandato no Pacto Local pola Mobilidade
  • A  crise da Covid-19 está a poñer en evidencia as carencias do espazo peonil na trama urbana de Compostela 

Compostela Aberta urxe ao Goberno local que inicie a licitación do novo Plan de Mobilidade Urbana Sostible, “un documento que se fai máis necesario tras a crise da Covid-19, que puxo de relevo as necesidades e carencias que presenta o espazo peonil nas nosas tramas urbanas”. Así o explicou o concelleiro de CA Jorge Duarte, que tamén reclamou que o Concello adopte medidas urxentes para reducir o espazo dos vehículos e aumentar o espazo destinado aos peóns en varios puntos da cidade.

Jorge Duarte levará ao Pleno ordinario da próxima semana un rogo no que urxe ao Goberno de Bugallo a iniciar a licitación do Plan de Mobilidade Urbana Sostible, que quedara pendente no pasado mandato “despois de que os que entón eran os tres grupos da oposición, entre eles o PSOE, tumbaran os orzamentos municipais de 2019 por motivos electoralistas”. O concelleiro lembrou que “xa estaban listos os pregos para iniciar a licitación do PMUS, incorporando as medidas acordadas no Pacto Local pola Mobilidade, nun proceso no que se implicaron todos os grupos da Corporación, diferentes expertos, e representantes da práctica totalidade das asociacións veciñais, de comerciantes, colexios profesionais, e colectivos de ciclistas e taxistas”.

Unha cidade para as persoas

O Pacto Local pola Mobilidade que sentou as bases do que debe ser o Plan de Mobilidade Urbana Sostible xa recollía “o consenso de todos os axentes en torno a que o modelo actual é insostible social e ambientalmente, algo que se está a poñer máis en evidencia coa crise da Covid-19”. Partindo dese convencemento, no Pacto esbozáranse as liñas que se debían desenvolver posteriomente no PMUS “para lograr unha cidade para as persoas, na que primen os espazos peonís e se reduza a presión do vehículo privado, na que se que se aplique unha óptica feminista de xeito transversal, e na que as rúas sexan espazos para vivir, xogar e interrelacionarse de xeito igualitario”.

Duarte incidiu en que o PMUS debe perfilar as medidas concretas para “unha nova mobilidade que priorice a circulación de finalidade fronte á de paso, co obxectivo de racionalizar o uso do vehículo privado no centro urbano”. O documento tamén debe “ofrecer unha solución ás áreas de maior saturación, nomeadamente o eixo Rosalía de Castro – Juan Carlos I – Senra – Praza de Galicia – Virxe da Cerca – Basquiños”. O concelleiro lamentou que “no ano no que transcorreu do mandato de Bugallo, non se tén avanzado nada neste camiño cara unha mobilidade máis sostible, e agora as necesidades son máis urxentes”. Nesa liña, o edil de CA tamén lle reclamou ao Goberno Local “que adopte medidas urxentes para habilitar ou repitar rúas co obxectivo de reducir o espazo para os vehículos e aumentar o espazo peonil en diferentes puntos da cidade”.

PODES CONSULTAR AQUÍ O ROGO DE COMPOSTELA ABERTA PARA TOMAR MEDIDAS QUE AMPLIEN O ESPAZO PEONIL E MELLOREN A MOBILIDADE DIANTE DAS NOVAS NECESIDADES DERIVADAS DA CRISE DA COVID-19

Novas
relacionadas

Compostela Aberta creará unha rede pública de bicicletas eléctricas

Xan Duro e Miguel Penas presentaron as propostas de CA en materia de mobilidade “un dos principais retos de futuro de Santiago xunto coa vivenda”

María Rozas: “Os remanentes de 2022 son a última demostración de que Bugallo é un alcalde incapaz”

A portavoz de Compostela Aberta cualifica de “escandaloso que o Goberno peche o ano con 24 millóns de euros sen gastar e 14 millóns de gastos pendentes”

CA propón un Plan de Rehabilitación de Vivendas para o alugueiro “para que os universitarios non sexan expulsados de Santiago”

A candidata de Compostela Aberta compromete a creación dunha rede de alugueiro de bicicletas eléctricas con tarifas especiais para a comunidade universitaria, no debate preelectoral organizado pola Universidade de Santiago

María Rozas: “A día de hoxe, as persoas con discapacidade non ven garantido o seu dereito á mobilidade en Santiago”

A candidata de Compostela Aberta á alcaldía e a concelleira Marta Lois visitaron o centro da Asociación Sarela e recolleron as demandas da entidade para a mellor atención e integración das persoas con dano cerebral adquirido

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo