Compostela Aberta rexeita o incremento dos prezos do autobús “nun momento de crise e en contra do fomento da mobilidade sostible”

Marta Lois reúnese co Comité de Empresa de Tussa e urxe ao alcalde a “abandonar a soberbia e abrir o diálogo co persoal para pechar o novo convenio colectivo”

Compostela Aberta lamentou hoxe a intención do Goberno do PSOE de incrementar notablemente as tarifas do autobús urbano coa nova concesión, segundo se recolle no estudo de custos que vén de ser aprobado como base para a licitación do servizo. Para o portavoz municipal de CA, “o Executivo de Bugallo volve demostrar que é insensible aos problemas da veciñanza ao formular este encarecemento en plena crise derivada da pandemia, e volve deixar en evidencia que non tén ningunha vocación de fomentar unha mobilidade máis sostible”.

Marta Lois recoñeceuse “sorprendida polos plans do Goberno, que só coñecimos coa publicación do estudo de viabilidade económica do contrato”. Para a portavoz de CA, “é especialmente lamentable que o equipo de Bugallo formule subidas como a do bono escolar, que custará 16 céntimos máis por viaxe, ou a do bono ordinario, co que a viaxe se encarecerá  en 22 céntimos”. Do mesmo xeito, considerou “cuestionable que se duplique o custo dos billetes de bus ao aeroporto Rosalía de Castro”. A concelleira lembrou que no pasado mandato, xa durante os traballos do Pacto Local pola Mobilidade, “o Goberno de Compostela Aberta formulou que na nova concesión se manterían inicialmente os prezos dos bonos, apostou por introducir criterios de renda na tarificación do servizo, e introduciu tamén o criterio da gratuidade para persoas en risco de exclusión”. 

Para a portavoz municipal de CA, “é evidente que este Goberno non está polo labor de fomentar un modelo de mobilidade máis sostible”. Nesa liña, Marta Lois lembrou que “o equipo de Bugallo primeiro intentou limitar o uso da bicicleta na nova ordenanza de circulación, que tivo que ser corrixida coas achegas de CA, e agora parece querer frear o uso do autobús cun encarecemento pouco xustificado nestes momentos”.

Reunión co Comité de Empresa de Tussa

Marta Lois tamén urxiu hoxe ao alcalde “a abandonar a súa habitual soberbia e abrir o diálogo co persoal de Tussa, que leva anos esperando por un novo convenio que unifique as condicións dos traballadores e traballadoras”. 

A portavoz de Compostela Aberta reuniuse hoxe co colectivo, que volveu expresar o seu malestar con Bugallo “que se responsabilizou directamente das negociacións, pero que está pechado en banda e que nin sequera recibe aos traballadores para escoitar as súas demandas”. Lois incidiu en que “é preciso pechar esta cuestión, que o Goberno tén sobre a mesa desde hai dous anos, porque é un traballo que quedou avanzado no mandato anterior”, e mostrou o seu apoio ás mobilizacións que tén iniciado o persoal e que continuarán o próximos luns.

Arquivado en:Marta Lois
Novas
relacionadas

Yolanda Díaz arroupa a Compostela Aberta no día grande da Ascensión

A vicepresidenta pediu o apoio para María Rozas nas eleccións do próximo día 28 “porque é a mostra dunha maneira de facer política en maiúsculas”

CA creará unha carteira pública de locais comerciais baleiros que serán postos en alugueiro a prezos taxados para comercio de interese municipal

María Rozas e Marta Lois presentaron as propostas de Compostela Aberta en materia de economía, emprego, industria e comercio

María Rozas preséntalle ao Club Financiero de Santiago as propostas de CA en materia de reindustrialización

A candidata de Compostela Aberta á alcaldía comprometeu a creación dunha Oficina de captación e retención de empresas “que facilite a burocracia aos empresarios e emprendedores”

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo