Compostela Aberta solicita a participación dos colectivos de economía social no Consello Económico e Social de Santiago

CA  reclama que estas entidades sexan convidadas a participar tamén nas mesas sectoriais de traballo creadas para avaliar a situación derivada da Covid-19

O grupo municipal de Compostela Aberta vén de rexistrar unha solicitude para que a composición do Consello Económico e Social de Compostela sexa ampliada aos colectivos que traballan no eido da economía social e solidaria. Ao tempo, reclama que estas entidades formen parte das mesas sectoriais de traballo que foron creadas tras a primeira reunión do CES, para avaliar a situación derivada da pandemia da Covid-19.

A concelleira Marta Lois explicou que “a composición do Consello Económico e Social é insuficiente, e debe ser ampliada para ter en conta a experiencia e o rol da economía social e solidaria”. Nese sentido, lembrou que “este sector representa precisamente unha das aprendizaxes que deberamos extraer da crise derivada da Covid-19: que a economía tén que estar ao servizo das persoas, e que as persoas teñen que estar por riba do capital”. Por iso, a concelleira pediulle ao alcalde que incorpore ás mesas de traballo creadas tras a primeira reunión do Consello Económico e Social a “entidades que levan moito tempo traballando e que actúan orientadas polos valores da equidade, a solidaridade, a sostenibilidade, a inclusión e o compromiso da comunidade”.

Compostela Aberta entende que as entidades de economía social de Santiago deben ser escoitadas nas mesas de traballo, creadas para reflexionar sobre as temáticas da cohesión territorial, a cohesión social, a cohesión económica e a formación e transición profesional. A súa incorporación debera producirse antes de iniciar, nos próximos días, os traballos destes grupos.

Arquivado en:Marta Loispandemia
Novas
relacionadas

Yolanda Díaz arroupa a Compostela Aberta no día grande da Ascensión

A vicepresidenta pediu o apoio para María Rozas nas eleccións do próximo día 28 “porque é a mostra dunha maneira de facer política en maiúsculas”

CA creará unha carteira pública de locais comerciais baleiros que serán postos en alugueiro a prezos taxados para comercio de interese municipal

María Rozas e Marta Lois presentaron as propostas de Compostela Aberta en materia de economía, emprego, industria e comercio

María Rozas preséntalle ao Club Financiero de Santiago as propostas de CA en materia de reindustrialización

A candidata de Compostela Aberta á alcaldía comprometeu a creación dunha Oficina de captación e retención de empresas “que facilite a burocracia aos empresarios e emprendedores”

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo