Compostela Aberta solicita información sobre os Fogos do Apóstolo, tras o incendio declarado nas proximidades do Restollal

O grupo municipal de CA pide acceso ao expediente de tramitación do espectáculo, ás comunicacións coa Consellería do Medio Rural que motivaron a supresión de dous dos puntos de lanzamento, e aos informes sobre o lume orixinado na noite do 24 de xullo

Compostela Aberta vén de rexistrar unha solicitude de información en relación ao espectáculo dos Fogos do Apóstolo, tras a cancelación dos lanzamentos desde dous dos oito puntos previstos, e o incendio orixinado nas inmediacións do Parque Eugenio Granell do Restollal. O grupo municipal de CA quere coñecer toda a información sobre ese lume, e sobre os cambios derivados da eliminación de parte da pirotecnia contratada polo Concello.

Na solicitude rexistrada hoxe, Compostela Aberta pide que lle sexa facilitada unha copia ou ter acceso ao expediente completo de tramitación dos Fogos do 24 de xullo, así como dos informes relativos ás localizacións do dispositivo de emerxencia durante o espectáculo. Tamén se require unha copia das comunicacións que se produciron entre o Concello de Santiago e a Consellería do Medio Rural ao respecto dos puntos de lanzamento, e que segundo apuntou o alcalde derivaron na recomendación, por parte do departamento autonómico, no propio 24 de xullo, ás 14.45 horas, de que se suprimiran os disparos de pirotecnia nas zonas da Granxa do Xesto e o Monte de Deus. A ese respecto, Compostela Aberta quere coñecer as comunicacións que se produciron entre o Concello e a empresa adxudicataria dos Fogos e as modificacións realizadas, tanto técnicas como económicas, tras a anulación dos lanzamentos desde dous dos oito lugares inicialmente previstos.

Tendo en conta que os Fogos provocaron un incendio nas inmediacións dun dos puntos de lanzamento, Compostela Aberta solicita acceder aos informes realizados polo Concello sobre ese lume no Restollal, así como sobre outros posibles danos acontecidos na noite do 24 de xullo; así como aos partes  internos de Policia Local, Bombeiros e Protección Civil nesa noite.

Por último, o grupo municipal de CA require información ao respecto das comunicacións públicas do Concello de Santiago para informar tanto do incendio como doutros percances que se puideran producir polos Fogos do Apóstolo, fora a través da súa páxina web ou das súas redes sociais.

PODES CONSULTAR AQUÍ A SOLICITUDE DE INFORMACIÓN REXISTRADA POR CA

Arquivado en:Marta Lois
Novas
relacionadas

Yolanda Díaz arroupa a Compostela Aberta no día grande da Ascensión

A vicepresidenta pediu o apoio para María Rozas nas eleccións do próximo día 28 “porque é a mostra dunha maneira de facer política en maiúsculas”

CA creará unha carteira pública de locais comerciais baleiros que serán postos en alugueiro a prezos taxados para comercio de interese municipal

María Rozas e Marta Lois presentaron as propostas de Compostela Aberta en materia de economía, emprego, industria e comercio

María Rozas preséntalle ao Club Financiero de Santiago as propostas de CA en materia de reindustrialización

A candidata de Compostela Aberta á alcaldía comprometeu a creación dunha Oficina de captación e retención de empresas “que facilite a burocracia aos empresarios e emprendedores”

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo