Compostela Aberta solicita o arranxo do pavimento da Costa de San Domingos de Bonaval

O viario presenta un estado deficitario, sobre todo no tramo máis próximo ao Museo do Pobo Galego

Compostela Aberta levará ao Pleno do próximo mércores un rogo no que lle solicita ao Goberno Local o arranxo da Costa de San Domingos de Bonaval. O pavimento do viario presenta numerosas deficiencias, sobre todo no seu último tramo.

A Costa de San Domingos de Bonaval, que comunica a Porta do Camiño coa rúa de Valle Inclán, precisa dun mantemento e dunha vixilancia especialmente sensible, por mor das características do seu pavimento de chapacuña. Ademais, este é un viario cunha importante carga de tránsito rodado, xa que é utilizado como acceso ao colexio de La Salle, polas persoas usuarias do aparcamento, e mesmo por autobuses que utilizan a dársena próxima. Na actualidade, a Costa de San Domingos de Bonaval, no tramo máis próximo ao Museo do Pobo Galego e ao CGAC, presenta numerosos afundimentos e está totalmente degradada. Tamén aparecen importantes fochancas na parte inicial da rúa de Valle Inclán, xa con pavimento asfáltico.

Contratos de mantemento

No pasado mandato, o Goberno de Compostela Aberta fixo do mantemento da rede viaria unha das súas prioridades, por mor da situación de abandono que presentaba a cidade neste aspecto. Por iso, apróbaronse varios grandes contratos de mantemento, o último deles vixente desde o pasado mes de febreiro. A adxudicación, por dous anos, dividiuse en tres lotes con diferentes orzamentos: un millón de euros para o mantemento e reparación de viarios con pavimentos asfálticos; 600.000 euros para os pavimentos non asfálticos; e 300.000 euros, para os viarios sen pavimentos de rodadura específicos.

PODES CONSULTAR AQUÍ O ROGO DE CA SOBRE A REPARACIÓN E MANTEMENTO DA COSTA DE SAN DOMINGOS DE BONAVAL

Novas
relacionadas

COMUNICADO DE COMPOSTELA ABERTA DIANTE DA CONMEMORACIÓN DO 8M, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Como cada 8 de marzo, Compostela Aberta súmase ás reivindicacións polo Día Internacional das Mulleres e fai un chamamento á cidadanía a participar nas mobilizacións convocadas para reclamar unha igualdade real entre homes e mulleres, defender o dereito das mulleres a vivir unha vida libre e segura, e denunciar a discriminación que perdura, malia os avances nas últimas décadas.

Compostela Aberta chama a participar o domingo na Manifestación en Defensa do Mar

A manifestación partirá ás 12.00 horas da Alameda de Santiago para denunciar o desleixo da Xunta e reclamar transparencia na información sobre a vertedura dos pellets

CA esixe responsabilidade á Xunta diante do desastre dos pellets e solidarízase cos municipios afectados

Compostela Aberta denuncia a incompetencia da administración autonómica, que reaccionou tarde e mal, e parabeniza á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como ao movemento ecoloxista e asociacións en defensa das rías.

CA, BNG e PSdeG-PSOE asinan un acordo orzamentario que pon por riba de todo os intereses da veciñanza de Santiago de Compostela

Goretti Sanmartín, María Rozas e Aitor Bouza coinciden en cualificar o orzamento municipal como social, igualitario e deseñado para o mantemento dos barrios e das parroquias

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo