Compostela Aberta e Son de Teo comprométense a presentar un convenio de fusión no 2021

O alcalde de Santiago Martiño Noriega e o alcalde de Teo, Rafa Sisto, explicaron este martes a proposta de fusión de concellos que Compostela Aberta e Son de Teo levan nos seus programas electorais para construír "unha Gran Capital para o País".

O alcalde de Santiago Martiño Noriega e o alcalde de Teo, Rafa Sisto, explicaron este martes a proposta de fusión de concellos que Compostela Aberta e Son de Teo levan nos seus programas electorais para construír “unha Gran Capital para o País”. Os dous candidatos asumiron o compromiso de presentar unha proposta de convenio no 2021, como paso ambicioso pero necesario para un proceso que ten que ser participado e transparente.

Martiño Noriega insistiu en que Santiago “é a Capital de Galicia, a Capital da comarca, e tamén unha Capital emocional para os millóns de persoas que nos visitan cada ano”. Para o candidato de Compostela Aberta, “é o momento de ser valentes e de mover marcos mentais, de abordar o proceso de fusión con seriedade, porque nestes anos comprobamos que a colaboración intermunicipal é un fracaso coas actuais reglas do xogo”. Nesa liña, lembrou “o traballo perdido para a comarcalización do parque de bombeiros, que non puido sair adiante mesmo cando había acordo dos municipios, da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia”.

“Unha realidade social que une, unha realidade administrativa que separa”
O candidato de Son de Teo incidiu en que “a proposta de fusión parte da constatación de que a realidade social une aos municipios, pero a realidade administrativa sepáraos”. Rafa Sisto explicou que “traballamos, vivimos, estudamos… compartindo espazos, pero a veciñanza de Teo non pode decidir sobre cousas que lle afectan directamente como a reformulación das liñas de autobús en Compostela, e iso malia a que unha delas presta servizo aos Tilos”. O alcalde teense incidiu tamén en que “ainda que se queira falar de que o peixe grande comerá ao pequeno, o que queremos facer non é entregar Teo a Santiago senón gañar peso e capacidade de decisión para os nosos veciños e veciñas”.

Beneficios sociais e económicos
Martiño Noriega e Rafa Sisto coincidiron en que “é o momento de acabar coas posicións apriorísticas sobre a fusión e de explicar as cousas, de abrir o debate en campaña electoral porque queremos ser transparentes e non furtarlle o debate á cidadanía”. O alcalde de Teo apuntou que “hai que explicarlle á xente que cando se fala de que Santiago ten que superar os 100.000 habitantes e Teo ten que superar os 20.000 para acadar maior financiamento, estase promovendo a competición entre os dous municipios porque só é posible rebasar eses límites trasvasando habitantes dun concello ao outro; e por iso a nosa proposta é máis beneficiosa tamén en termos económicos”. “Acadaríamos un 10 por cento máis de participación nas subvencións estatais”, apuntou o candidato de Son de Teo.

Proceso “radicalmente democrático”
Os candidatos á alcaldía de Santiago e Teo tamén explicaron que a fusión dos concellos “tería que darse despois dun proceso radicalmente democrático, no que teriamos que superar varias fases”. Así, o primeiro sería negociar un acordo conveniente para as dúas partes, ese acordo tería que recibir luz verde despois dos dous Plenos da Corporación e, por último, o convenio sería sometido a referendum.

Arquivado en:Martiño Noriega
Novas
relacionadas

María Rozas: “Compostela Aberta é o voto útil para quen queira políticas progresistas en Santiago” 

Compostela Aberta celebrou o seu acto central de campaña na Sala Capitol, no que a candidata estivo arroupada polo exalcalde Martiño Noriega

María Rozas: “Compostela Aberta é o único garante de que Santiago non volva aos anos negros do PP nin se manteña no gris de Bugallo”

O exalcalde Martiño Noriega e boa parte da lista electoral participaron no acto de apertura de campaña de CA

María Rozas: “Compostela Aberta é o espazo da esperanza, porque somos activistas por un Santiago que merece máis”

Compostela Aberta presenta para o 28 de maio “unha candidatura feminista, que nace do asociacionismo, pegada ao territorio e solvente”

CA completa unha lista “feminista, apegada aos barrios e o rural, e comprometida co activismo social e a defensa das traballadoras”

María Rozas presenta o segundo tramo da candidatura, que pechan a presidenta do comité de empresa de Zara na provincia da Coruña, Carminha Naveiro; a escritora e académica Marilar Aleixandre; e o exalcalde Martiño Noriega

PARTICIPA

gRUPOS
DE TRABALLO

Selecciona a túa preferenza*
Podes participar en varios Grupos de Traballo